#Claves de la semana

​Falece a actriz Dorotea Bárcena

Fíxose moi popular na súa interpretación da personaxe de Amadora cos Tonechos


|

4530 1092888053986 2917990 n


A actriz Dorotea Bárcena, nacida en Oviedo pero que exerceu a súa carreira profesional en Galicia, faleceu este martes aos 72 anos.


Así o confirmou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que manifestou a súa "pesar" pola morte deste "referente artístico e persoal" para o teatro profesional galego.


A asociación lembrou o "inmenso afecto" que sentía toda a profesión escénica por Bárcena, unha "gran compañeira de traballo, de escena e de vida" que, ademais, cultivou ao longo da súa traxectoria o oficio desde diferentes facetas, como actriz, dramaturga, directora e fundadora de compañías de teatro.


"Bárcena é, ademais de pioneira e referente, un exemplo rotundo para as profesionais do sector, ao abrir camiños laborais e converterse na primeira muller que dirixiu o Centro Dramático Galego", lembrou a asociación.


UNHA VIDA DEDICADA Á ESCENA


Nada en Oviedo en 1944, diplomouse en Maxisterio e exerceu a docencia en Vigo ata que abandonou esta profesión para dedicarse por completo á escena.  En Galicia fíxose moi coñecida polo seu papel como 'Amadora' no show dos Tonechos


En 1970 creou, xunto con Xulio Lago, o grupo Esperpento e dirixiu as súas primeiras montaxes, 'As Bicicletas', en 1972, e 'A orxía', en 1973. Como actriz, formou parte dos elencos de propostas como 'Os opositores', 'Ou vendedor de peixe' ou 'O home que se converteu en can'.


En 1985, a compañía Teatro do Atlántico principiou a súa carreira profesional coa montaxe 'Xoana', con texto de Manuel Lourenzo e Dirección de Xulio Lago; mentres que a súa segunda montaxe, 'Agasallo de Sombras', foi co Centro Dramático Galego e baixo a dirección de Roberto Vidal Bolaño.


En 1987, Dorotea Bárcena creou a compañía de Teatro da Lúa, coa que desenvolveu as funcións de dramaturga, actriz e directora, ademais de participar en numerosas montaxes. A artista traballou ademais con outras compañías en obras como 'Kvetch', de Teatro do Morcego, ou 'Un cranio furado', de Producións Excéntricas.


No ámbito audiovisual, tomou parte en diversas películas, como 'Divinas Palabras', e series de televisión, entre as que destaca a súa intervención o 'O show dos Tonechos' para a TVG.


relacionada ​Os 'millennials' galegos, os segundos que máis televisión consomen
relacionada ​Esta noite volve Land Rober Tunai Show
relacionada ​O 60% dos actores galegos viven por baixo do limiar da pobreza
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE