#Claves de la semana

​Os fogares galegos poderían aforrar un 60% de enerxía con medidas de eficiencia enerxética

Segundo o último informe de Amigos da Terra, a substitución de caldeiras antigas levaría a unha redución inmediata do 30% no consumo enerxético. 


|

Hogareficienciaenergeticaahorroluzelectricidad

A organización en defensa do medio ambiente Amigos da Terra vén de publicar o informe“Como queremos aforrar enerxía? Actitudes sociolóxicas ante a eficiencia enerxética”, que recolle os resultados do proxecto apoiado pola Fundación Biodiversidad durante os anos 2015 e 2016 no cal se realizou unha investigación que recompila as actitudes dos fogares españois ante as propostas de aforro enerxético.


Segundo este informe, que recolle unha análise do consumo enerxético en cada fogar a través dunha ferramenta inédita como foi a auditoría enerxética, en 10 anos poderíase lograr un 60% de aforro enerxético e un 76% de aforro económico grazas, en parte, á substitución de caldeiras antigas, que levaría a unha redución inmediata dun 30% no consumo, entre outras medidas.


Á súa vez cada fogar podería reducir case unha tonelada de CO2 tan só con medidas puntuais de aforro eléctrico. Tamén é importante resaltar o papel da administración: unha inxección de 15.000 millóns de euros en eficiencia enerxética permitiría un 90% de redución de emisións.


A educación ambiental é relevante, con todo, o estudo demostra que para medidas de eficiencia enerxética que requiren reformas estruturais máis caras é necesario favorecelas por lei. Os obstáculos existentes, para implantar medidas de eficiencia enerxética, levan que nin sequera as persoas concienciadas sexan eficientes como consumidoras. Nesta mesma liña, o poder adquisitivo non implica maior concienciación para realizar medidas estruturais de eficiencia se non van acompañadas de educación ambiental.


No estudo, tamén se analiza unha mostra de fogares con pobreza enerxética. Comprobouse que existe marxe para implantar diferentes medidas de eficiencia e, por tanto, lograr unha maior calidade de vida. É dicir, incluso aqueles fogares que non dispoñen de moitos recursos económicos, poden mellorar.


A eficiencia e o aforro son uns dos nosos grandes aliados para enfrontarnos ao cambio climático, se queremos reducir as emisións para evitar unha situación climática grave é fundamental comezar con estas medidas á vez que apostamos polas enerxías renovables”, afirmaba o noso compañeiro Alejandro González.


As diferenzas en canto a eficiencia e aforro nas rexións climáticas estudadas son "abismais", indican desde o colectivo. A rexión menos eficiente das estudadas é a mediterránea, que ao mesmo tempo é a máis calida.


 

relacionada ​Endesa premia la eficiencia energética de Supermercados Joalper
relacionada Mejorar los hábitos de eficiencia energética supondría un ahorro de 5.350 millones
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE