#Claves de la semana

​Ofrenda floral por Fidel na casa paterna

Láncara enviou, ademais, un telegrama dirixido á familia Castro e o pobo cubano para trasladar as súas condolencias.


|

Lancarafidelcastro


A localidade luguesa de Láncara rendeu homenaxe na mañá deste domingo a figura do expresidente cubano Fidel Castro, falecido este fin de semana, nun acto celebrado fronte á casa onde naceu o seu pai, Ángel Castro, emigrado a Cuba a principios do século XX.

Alí concentráronse ao redor dun cento de persoas entre as que se atopaba unha curmá de Fidel Castro, de 103 anos de idade e que residiu toda a súa vida no municipio lugués ata que, hai uns anos, abandonou Láncara para mudarse a unha residencia.

Á homenaxe acudiron varios cubanos residentes na provincia de Lugo, que, xunto a membros de toda a Corporación local e veciños, gardaron un minuto de silencio en memoria de Fidel Castro, "fillo" deste municipio da montaña lucense.

A Asociación Cultural Val de Láncara foi a encargada de ler un manifesto na que lembraron a figura do expresidente cubano e a visita que realizou en 1992 á casa que viu nacer o seu pai, Ángel Castro.

Ás porta da casa da familia Castro depositaron un ramo de flores en honra a Fidel, xusto debaixo da placa en pedra que reza o seguinte texto: "Nesta casa en 1985 naceu Ángel Castro Argiz, galego que emigrou a Cuba, onde plantou árbores que aínda florecen".


A CASA FAMILIAR DOS CASTRO

Desde hai uns anos o Concello de Láncara pretende converter nun "pequeno museo" a casa familiar dos Castro, hoxe en día propiedade de descendentes dos irmáns de Angel Castro, dos cales algúns aínda viven nesta localidade.

De feito, o rexedor deste muncipio recoñeceu que o falecemento do expresidente cubano colleunos "por sorpresa", xa que "estes días" atopábanse negociando co cónsul cubano en Galicia para realizar unha viaxe ao país caribeño co obxectivo de facer entrega ao actual presidente, Raúl Castro, do título de fillo predilecto de Láncara, que lle foi concedido hai uns meses.

A propiedade desta casa, que foi restaurada de forma exprés para a visita de Fidel Castro no ano 92, é un dos principais escollos para convertela en museo. Unha situación que, en opinión do membro da asociación Val de Láncara, Manuel Arrojo, tanto Xunta como Concello deberían "facer algo" para desbloquear e poder acometer a reforma.

relacionada ​Cubanos en Galicia y gallegos en Cuba dan por hecho que la isla seguirá con su apertura
relacionada As raíces galegas de Fidel Castro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE