#Claves de la semana

​O Concello de Mondoñedo incentivará economicamente a natalidade

A alcaldesa, Elena Candia, dixo que están redactando as bases, que se presentarán a finais de ano. 


|

Familiasrural


Os orzamentos do Concello de Mondoñedo para 2017 recollen unha partida destinada a incentivar economicamente que xente nova decida escoller este municipio como lugar de residencia e ter alí aos seus fillos.


Diso informou este martes a rexedora, a popular Elena Candia, quen explicou que este incentivo económico irá unido a "unhas políticas fiscais". "Damos un paso máis a favor de tentar reverter esa tendencia do despoboamento que temos no noso concello como outros moitos do interior de Galicia", indicou.


En canto ás axudas, Elena Candia explicou que se están "redactando as bases" polas que se rexerán e avanzou que "se presentarán a finais de ano".


FUTURO DE FEIJÓO


Por outra banda, preguntada respecto diso, a rexedora lucense, tamén presidenta do PP de Lugo, asegurou que "non" lle "compete" participar no debate sobre a sucesión de Feijóo á fronte do PPdeG.


"Supoño que é un debate que non se pode evitar, pero non me compete participar nel", asegurou para explicar que a ela compételle " pedir e reivindicar proxectos para Lugo, traballar por Lugo". "O resto decidirase noutros foros, nos que eu neste momento non teño nada que dicir", concluíu.

relacionada Autorizado un novo parque eólico na provincia de Lugo con 11 aeroxeradores
relacionada ​El despoblamiento de las zonas rurales
relacionada ​Cruz Roja recoge juguetes nuevos, no bélicos y no sexistas para niños de A Coruña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE