'Tartufo' chega esta fin de semana a Ourense
O Centro Dramático Galego (CDG) recala no teatro principal da cidade das Burgas con senllas funcións este sábado e domingo.
O Centro Dramático Galego (CDG) recalará este fin de semana en Ourense co seu espectáculo 'Tartufo' dentro da xira que está a levar a cabo por toda Galicia. En concreto, ofrecerá senllas funcións no Teatro Principal, este sábado e domingo.
O director valenciano Carles Alfaro púxose á fronte dun equipo galego para levar ás táboas esta versión da comedia de Molière, primeira produción propia da compañía pública galega para esta tempada.
No elenco, figuran nomes "indiscutibles da nosa escena", sinalan desde a Consellería de Cultura, ata outros que inician a súa traxectoria nos escenarios. Entre eles, están Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.
Segundo o director, trátase dunha proposta "lúdica e lúcida" que busca reflectir "os claros e escuros da obra orixinal e ser fiel, así mesmo, a mirada tenra, crítica e burlesca". "Tamén cara a mesmo, que caracteriza o conxunto da obra de Molière", explica.
Escribe tu comentario