Nace 'Cumieira' para divulgar traballos científicos relacionados co galego

|

Cumieirapresentacion

A Universidade de Vigo (UVigo) lanzou a publicación anual 'Cumieira. Cadernos de investigación dá Nova Filoloxía Galega', coa que dá a coñecer os traballos científicos de investigadores novos no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego, aínda que está aberto a outras linguas con interese para o galego.


Cun nome que rende homenaxe ao topónimo tradicional do monte no que se sitúa a Facultade de Filoloxía e Tradución, 'Cumiera' é unha publicación promovida polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo e pensada para alumnos destas titulacións, aínda que "terán tamén cabida traballos doutros alumnos relacionados cos estudos galegos".


A primeira edición desta publicación consta de sete capítulos nos que se divulgan dous traballos de clase, tres proxectos de fin de grao e dous de fin de máster, todos eles de "potente nivel de calidade", de mulleres e dirixidos por docentes que aconsellaron a súa difusión.


O obxectivo desta revista é "animar ao alumnado, tanto de grao como de máster, na investigación rigorosa en temas vinculados á lingua e literatura galegas". Todo o alumnado pode enviar os seus estudos en forma de artigo académico que non supere as 10.000 palabras, estea redactados preferentemente en galego e a súa temática estea realacionada cos estudos galegos. 

relacionada A oposición critica as dúas caras de Feijóo co galego
relacionada Os alumnos de primaria van mellor en castelán ca en galego e coxean en mates

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress