#Claves de la semana

FOTOGALERÍA: A Ponte Romana de Ourense loce traxe novo

A nova iluminación do monumento permitirá "contemplar a súa beleza as 24 horas do día sen contaminación lumínica e cun mínimo esforzo orzamentario". 


|

Iluminacionponte2


Iluminacionponte1

Iluminacionponte3

Iluminacionponte4

Iluminacionponte6

Iluminacionponte5


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores o compromiso da Xunta para "coidar, protexer e entregar" os monumentos de Galicia ás novas xeracións "en mellor estado" do que se recibiron.


Así o sinalou durante o acto de iluminación da Ponte Romana de Ourense, co que o Executivo galego remata a primeira fase de recuperación deste monumento que Alberto Núñez Feijóo cualificou como "un dos maiores orgullos da ourensanía" e como "un ben colectivo de Galicia".


O acto de aceso da nova iluminación do monumento contou tamén coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Éthel Vázquez e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.


Durante a súa intervención, o presidente da Xunta destacou a intervención das consellerías de Cultura e Educación e de Infraestruturas para acometer o convenio de colaboración asinado "fai máis dun ano" pola Xunta e o Concello para limpar a ponte, mellorar a súa pavimentación e iluminala de forma "adecuada".


Núñez Feijóo lembrou que ao longo deste ano substituíuse o firme e retiráronse elementos alleos "que afeaban" o monumento, e que a iluminación presentada este venres consiste na última fase deste proxecto.


ACABAR COA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA


O presidente da Xunta destacou que coa substitución dos antigos farois "acábase coa contaminación lumínica" e axúdase a que os viandantes "vexan a beleza desta escultura pétrea", cun "mínimo de consumo".


Así, Núñez Feijóo sinalou que as luces que iluminan a Ponte Romana teñen "un consumo semellante a un ferro nun fogar galego", co que desde a Administración "poderase pagar sempre, sen esforzo de orzamento".


"A Ponte Romana é un dos maiores orgullos da 'ourensanía'" e "un ben colectivo de Galicia: como a muralla romana de Lugo ou a Torre de Hércules", reivindicou o presidente da Xunta, que reiterou o compromiso do seu Goberno por "coidar" este patrimonio.


Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu o compromiso da Xunta e o seu "empeño" para que a ponte "siga lucindo" e neste sentido, sinalou a existencia de "novos orzamentos" para o próximo ano.


A voz crítica púxoa a Asociación A Chavasqueira, descontenta co resultado da iluminación nas entradas da ponte. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE