PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • CRTVG
  • cambio de hora
  • xunta galicia
  • eólica

​Educación ve "un feito illado" a agresión con arma branca dun menor nun instituto de Oroso

Os servizos de inspección avalían o caso para confeccionar os informes e desenvolver as medidas educativas pertinentes. 

Redacción
Redacción
| sábado, 10 de diciembre de 2016, 12:39
  • 0
ARCHIVADO EN | agresión educacion instituto Oroso menores

Institutodeeducacionsecundariodeoroso


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, considera "un feito illado" e "moi puntual" no sistema educativo galego a agresión cunha navalla dun menor a outro no Instituto de Oroso (A Coruña).


"Estes sucesos son moi puntuais no sistema educativo galego. Galicia presenta un nivel de convivencia educativa moi destacable e a inmensa maioría da comunidade educativa, como sabemos por unha macroenquisa que realizamos fai moi pouco tempo, entende que hai un bo clima de convivencia nas aulas", relatou Román Rodríguez aos medios.


A continuación, apostou por que toda a sociedade "loite conxuntamente" contra sucesos deste tipo para que "non se reproduzan". Con todo, precisou que a mencionada pelexa "sucedeu nunha contorna educativa como podía suceder na rúa".


"Hoxe estarán arrepentidos", subliñou o conselleiro do ramo, quen animou ás familias, aos centros educativos e a toda a sociedade a "tomar boa nota" do acaecido e así evitar que se volva a repetir.


La Voz de Galicia daba conta do suceso este mesmo sábado, informando de que un alumno de secundaria de 14 anos de idade do Instituto de Ensino Secundario de Oroso necesitara onte, venres, asistencia médica tras sufrir un corte no esternón por mor dunha pelexa con outro estudante do mesmo centro e de idade similar, que levaba unha navalla. Segundo o mesmo xornal, a agresión produciuse durante a xornada escolar e a pelexa comezaría nun dos baños do instituto. 


RADIOGRAFÍA DO ACONTECIDO


Acto seguido, explicou que a Consellería que dirixe mandou aos equipos de inspección a avaliar a citada situación para obter información e, deste xeito, realizar unha radiografía do acontecido.


"Teremos que adoptar medidas desde o punto de vista da integración educativa, da convivencia e dos valores educativos", vaticinou Román Rodríguez, quen, preguntado por se a Consellería poñerá en marcha algún tipo de medida para evitar que se poida levar calquera arma branca a clase, respondeu que non se pode colocar un arco de detección de metais nas portas das aulas.


A este respecto, argumentou que "cando se toman medidas sempre xorden voces que as cuestionan". Neste sentido, sinalou que desde o seu departamento confeccionouse un protocolo para regular o uso de videocámaras nos centros educativos, deixando aos centros a potestade para que as colocasen ou non, o que deu lugar a "un gran debate".


Así, entende que máis que poñer en marcha "medidas concretas", considera que os máis importante nun sistema educativo é a convivencia, así como o traballo dos docentes e a participación das familias.


Así mesmo, indicou que se un profesor ve que un alumno leva unha arma branca a clase "ten que facelo constar", pero, con todo, volveu facer fincapé en que este caso é unha "cuestión puntual" que pon a todos "sobre aviso".


Preguntado por se se tomaron medidas policiais ou penais respecto diso, precisou que estas están fóra do ámbito educativo e, por tanto, "escápanse" da súa decisión. "Ata o momento, os servizos de inspección teñen que avaliar ben o caso, facer informes e, a partir de aí, desenvolveranse as medidas educativas pertinentes", resolveu.

relacionada ​A Policía identifica os menores que participaron nunha pelexa en Lugo
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

La Semana Santa de Ferrol contará con 22 procesiones, un traslado y la ceremonia del Desenclavo

Santalices reivindica en Madrid el "sentidiño" que caracterizó las cuatro décadas de gestión de la autonomía gallega

Carmela Silva, investida en Madrid como nueva cofrade de la Enxebre Orde da Vieira

El PP de Santiago insiste en que derrumbará la Casa da Xuventude, anulando su cesión a la Diputación

Cabeceralomasleido 1
1
La sentencia contra Monbus y Alsa es "solo la punta del iceberg del amiguismo de la Xunta", dicen empresas, sindicatos y oposición
2
Luar, suspendido por vez primera en más de 30 años al haber huelga en CRTVG
3
La CUT denuncia la "manipulación de datos" y contabiliza un 68,75% del personal parado en la CRTVG
4
Estupor en la oposición tras desearle suerte Feijóo al empresario detenido como líder de una trama de prostitución
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora