#Claves de la semana

​Investigan a morte dun home que apareceu degolado en Fisterra

Ao parecer, tiña antecendentes por narcotráfico. Analízase o posible vínculo cunha malleira sufrida por un veciño da vítima este mércores.


|

Fisterratvg


Efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil investigan as circunstancias da morte dun home que este xoves apareceu degolado na súa vivenda de Fisterra (A Coruña). Fontes próximas ao caso confirmaron a Europa Press que o cadáver do home, duns 40 anos e con antecedentes por narcotráfico, foi localizado a última hora do xoves no interior da súa vivenda, situada no edificio Faro de Fisterra da rúa Escaselas.


Pasadas as 23,00 horas, ata esta zona desprazáronse múltiples efectivos da Garda Civil, así como doutros corpos, que procederon ao levantamento do cadáver e iniciaron a recollida de probas. A vítima presentaba unha ferida de arma branca no pescozo.


Os veciños do home aseguraron que o viran por última vez o luns e os investigadores non descartan a posibilidade de que leva morto algúns días cando foi localizado.


Do mesmo xeito, analízase a posible vinculación deste caso co dun home, veciño da mesma rúa, que o mércores necesitou asistencia sanitaria por múltiples lesións. Esta vítima, de 60 anos e sen aparente relación co falecido, alegou que sufrira unha caída no seu domicilio, pero as importantes lesións que tiña --e que o manteñen ingresado no hospital-- fan sospeitar que puido ser vítima dunha malleira.

relacionada ​Trece detenidos en A Coruña antes de realizar una "gran operación de compraventa de droga"
relacionada ​Cinco detidos nunha operación contra o narcotráfico nas catro provincias galegas
relacionada Detenido un joven en Vigo por matar a su madre de 57 años, con un arma blanca en su domicilio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE