#Claves de la semana

​Prolifera en Galicia a cría de visóns pola fin das granxas holandesas

No país europeo estarán prohibidas a partir de 2024. A SGHN alerta das ilegalidades que cometen algúns promotores e dos riscos para a biodiversidade galega.


|

Visonamericano


A Sociedade Galega de Historia Natural alerta da proliferación que se está a dar en Galicia de novas granxas de visóns e a ampliación das xa existentes, como consecuencia da prohibición en Holanda, que decretou a fin destas instalacións en 2024. Nun comunicado, critican as ilegalidades que están a cometer algúns promotores na nosa comunidade e dos perigos que esta especie supón para a biodiversidade galega.


A SGHN lembra que o visón americano ten un "comportamento moi invasor" e que xa hai rexistros de "exemplares que chegaron ao medio natural froito de escapes accidentais" e incluso por "liberacións masivas". Poñen como exemplo que algúns animais "chegaron a nado ata o Parque Nacional das Illas Cíes, onde están a causar unha debacle nas poboacións do ameazado corvo mariño cristado". Polo tanto, reclaman que as granxas se consideren instalacións de risco.


Como medidas para limitar as posibles consecuencias desta proliferación, a asociación pide que os animais que non sexan esterilizados estean provistos dun colar que permita localizalos se chegan ao medio natural. Nestes casos, de visóns fuxidos ou 'liberados', propoñen que as empresas teñan un seguro de responsabilidade civil que asuma os gastos que as Administracións teñan que efectuar para capturar os animais.


No seu comunicado, a SGHN denuncia a ampliación ilegal dunha granxa existente en Troitosende, no concello da Baña. Segundo informan, o seu permiso contempla só dúas naves, pero xa construíra catro máis no 2002-2003, ás que no 2014 se sumaron outras sete trala compra por parte da empresa Matomba Mink Farm SL. Estas instalacións atópanse "a 1,3 km do río Tambre, augas arriba dunha Zona de Especial Conservación" e agora presentaron un proxecto de legalización.


Neste caso, a SGHN solicitou "á Secretaría Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental que abra un expediente sancionador" contra a empresa, ao entender que cometeron unha falta grave contra a lei de avaliación ambiental. Reclaman que se lle impoña unha sanción exemplar de 240.400 euros e a clausura das naves ilegais. Solicitaron tamén que se someta o proxecto a un estudo ambiental que avalíe "con seriedade e rigor" os posibles efectos sobre a biodiversidade da zona.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE