#Claves de la semana

Xabier Docampo, Semente e Correlingua, premiados pola súa defensa da lingua galega

Os premios foron entregados pola Deputación da Coruña, cuxos protagonistas claros foron as mulleres e o idioma


|

Deputaciondacoruapremios

// dicoruna.es


A Deputación da Coruña fixo entrega dos seus premios nas distintas áreas de Cultura e Lingua, nun acto celebrado no organismo provincial e que contou coa presenza dos premiados.


En concreto, nos distintos certames convocados, premiouse ás escritoras Eli Ríos e Lorena Conde; ao escritor Vicente Luís Moura; as bandas Bala e Colaxe , en música infantil, a Pablo Carpinteiro e Lida Neves en artesanía, a Emilio Fonseca en 'Banda Deseñada' ou a David Cale en arte.


Os premios vinculados coa lingua e, en particular o galego, recoñeceron, así mesmo, o labor de Xabier Docampo; Semente e Correlingua. No acto, a responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, reivindicou a creación cultural como "unha poderosa ferramenta de vertebración e transformación social".


Nun acto no que lembrou ao que foi responsable da área de Cultura da Deputación, Celestino Poza, recentemente falecido, expuxo tamén que os premios buscan recoñecer "a persoas creadoras e investigadoras con importante tradición no noso país", remarcou.

relacionada ​O MAC inaugura este xoves a exposición 'O dobre da metade', de Rubén Ramos
relacionada O Gaiás acolle unha simbólica exposición sobre a transformación da paisaxe galega
relacionada '​Porcoril', 'populismo' e 'xenofobia' optan a ser 'Palabra do Ano'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE