#Claves de la semana

Noriega agarda que o pacto en Pontevedra "sente un precendente" para Santiago

O alcalde compostelán cre que "facilita as conversas" que están a manter co BNG e co PSOE para sacar adiante os orzamentos da capital.


|

Martinhonoriega


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, celebrou o acordo alcanzado por BNG e Marea de Pontevedra o pasado venres para sacar adiante os orzamentos municipais, xa que cre que "facilita as conversacións" coa formación frontista no Concello de Santiago para aprobar as contas do próximo ano.


En declaracións aos medios este luns en Santiago durante a súa visita ao Campus do Nadal da futbolista Verónica Boquete, o rexedor compostelán cualificou de "moi positivo" o acordo alcanzado pola 'marea' e o Goberno local de Pontevedra para aprobar os orzamentos. "Era o que moitos esperabamos na cidade e no conxunto do país", engadiu.


"O feito de que haxa un acordo en Pontevedra BNG e Marea creo que é positivo para o conxunto da esquerda do país e tamén para os concellos que queren poñer en marcha proxectos alternativos", manifestou Noriega.


Deste xeito, Noriega celebrou a incorporación de varias iniciativas promovidas pola 'marea' no ámbito social, un "espazo de encontro" entre BNG e as mareas municipalistas que espera que "a dinámica local" de Santiago "alimente" para que a capital galega teña "uns orzamentos en breve".


"A ninguén se lle escapa que a situación en Pontevedra podía condicionar a de Compostela e outros concellos. Sobre todo polo que podía xerar de precedente e non só por sentar un precedente senón polo feito de darse debates sobre as emendas", trasladou.


CONVERSACIÓNS CON PSOE E BNG


Así as cousas, avanzou que Compostela Aberta manterá este luns unha reunión co grupo do BNG para buscar o seu apoio para a aprobación dos orzamentos do próximo ano, que Noriega confía que sexan avalados polo pleno municipal "en xaneiro, bastante antes que o ano pasado para poder executalos con máis garantías".


Así mesmo, Noriega matizou que nas negociacións para sacar adiante os orzamentos "están a priorizarse" as conversacións con PSOE e nacionalistas, xa que, a pesar de que "houbo contactos" co PP, "é moito máis difícil chegar a un acordo" cos populares que "co resto das forzas".

relacionada Lores logra aprobar o orzamento municipal gracias á abstención da Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE