#Claves de la semana

​Ana Pontón: "O BNG non repetirá o esperpento que vivimos en Pontevedra"

A voceira nacionalista defende que nunca houbo "ningún perigo de contaxio", pero insite en que os debates se fagan "en cada cidade".


|

Anapontonap9


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deixou claro que a súa formación "non repetirá o esperpento" protagonizado polos grupos municipais do PP, Ciudadanos, PSOE e Marea de Pontevedra que inicialmente acordaron un orzamento alternativo ao do goberno municipal de Miguel Anxo Fernández Lores, quen finalmente logrou aprobar as súas contas coa abstención dos dous edís da Marea.


A líder do BNG pronunciouse deste xeito ao ser preguntada sobre a posición da súa formación para as negociacións dos orzamentos das cidades galegas tras o cambio de postura da Marea de Pontevedra no pleno municipal do pasado venres. "Alegrámonos de que a marea rectificase ese pacto que tiña co PP de Pontevedra para impoñer uns orzamentos alternativos ao Goberno municipio", manifestou Ana Pontón, que lamentou que o PSOE "siga bailando" en Pontevedra "ao son que marca o Partido Popular".


Así mesmo, lembrou que, "desde un primeiro momento", o BNG "dixo que non había ningún perigo de contaxio" e que "en ningunha das cidades" se ía "aliar co PP" para pactar os orzamentos. "Nós non nos equivocamos de inimigo", sinalou.


Ademais, preguntada polas negociacións en cada urbe, considerou que os acordos "deben producirse a nivel municipal". "Cada alcalde terá que xestionar, nós como organización política sempre temos unha posición construtiva nos lugares nos que estamos na oposición", indicou.


Por último, tras insistir en que os debates levarán a cabo "en cada unha das cidades", subliñou que "o BNG ten moi claro que non vai facer pinza co PP".

relacionada Lores logra aprobar o orzamento municipal gracias á abstención da Marea
relacionada Noriega agarda que o pacto en Pontevedra "sente un precendente" para Santiago
relacionada Fernández Lores: "Non vou gobernar cun orzamento esnaquizado pola oposición"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE