#Claves de la semana

​A madrugada de ano novo deixou máis de 100 intoxicacións por alcohol ou drogas en Galicia

O 061 recibiu máis de 2.100 chamadas esa noite e 40 persoas tivoeron que ser trasladadas ao hospital polo seu estado.


|

061ambulancia


O servizo de urxencias de Galicia 061 atendeu 750 emerxencias entre as 10 da noite do 31 de decembro e as 10,00 horas do 1 de xaneiro, das que 107 foron por intoxicación por alcol ou drogas.


Segundo informou o 061, o período no que máis urxencias se produciron foi entre as 6,00 e as 7,00 horas da madrugada, franxa na que se rexistraron 22 intoxicacións por alcol.


Así, dos 107 casos de intoxicación que se produciron ao longo da noite, 103 foron por alcol e os catro restantes, por drogas.


Deles, o 061 necesitou realizar traslado a un hospital en 40 ocasións e en 10 casos deriváronse a atención primaria, mentres que 53 foron atendidos no lugar sen necesidade do afectado tuvise que ser trasladado.


A Coruña, con 44, é a provincia na que máis se concentraron estes casos seguida por Pontevedra (33), Lugo (17) e Ourense (9).


En total, o 061 recibiu 2109 chamadas esta noitevella que derivaron en 750 urxencias para as que se mobilizaron 503 recursos, 436 de ambulancias asistenciais e 39 de especializadas.

relacionada Os mozos galegos ven pouco risco no consumo de alcol
relacionada ​Unha nena de 13 anos tivo que ser atendida por intoxicación etílica en Vigo
relacionada Máis de 400 menores galegos foron atendidos no que vai de ano por intoxicacións etílicas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE