Unha nena de 13 anos tivo que ser atendida por intoxicación etílica en Vigo
O 061 tivo que mobilizar unha ambulancia medicalizada para atender unha menor de idade en Vigo por unha intoxicación etílica. Segundo relata a Televisión de Galicia, a nena, de 13 anos, participaba nun botellón nunha praza próxima á Gran Vía cando os servizos sanitarios recibiron o aviso.
No mesmo lugar foi atendida polo persoal sanitario da ambulancia, que, finalmente, decidiu trasladala ao hospital Álvaro Cunqueiro.
A percepción do risco sobre o alcol entre os mozos galegos de entre 14 e 18 anos é baixa, aínda que descenderon as borracheiras e o binge drinking (o consumo intensivo), segundo revelou este mes de agosto a última enquisa de drogas en estudantes de secundaria.
Escribe tu comentario