​Couceiro avoga por "orientar" a economía galega ás exportacións

|

Barcopalletsexportacion

O presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, manifestou que hai "claramente" unha tendencia de "recuperación" da economía española tras uns datos do paro que sitúan o número de parados, ao finalizar decembro, en 3,7 millóns de persoas, tras baixar en 390.534 desempregados no conxunto do ano (-9,54%).


Con todo, nunha entrevista á Radio Galega, --despois de que os datos do paro reflictan que en Galicia o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en 2.360 persoas en relación con novembro, un 1,16%, por encima da media-- insistiu na necesidade de que en Galicia se aposte por impulsar a economía a través das exportacións.


Para Couceiro, todos os índices sobre a economía española reflicten "claramente a recuperación", apuntou tanto en alusión ao emprego, o consumo, o investimento ou as perspectivas das empresas. "Penso que todo apunta na boa dirección", manifestou.


REFORMA LABORAL


Respecto da reforma laboral, avogou por acordar un novo marco que permita crear emprego e que sexa "flexible". "Para que as empresas poidan adaptarse a un tecido cada vez máis competitivo", sentenciou.


Por outra banda, argumentou que España é un dos países con maior presión fiscal e defendeu, por iso, un descenso progresivo dos impostos.


AP-9 E AVE


Couceiro tamén insistiu en que, nunha economía global, Galicia ten que orientarse "claramente cara á exportación". Respecto diso, subliñou que o organismo cameral traballa en programas neste ámbito, e tamén na mellora da competitividade do comercio interior, así como en proxectos dirixidos a mulleres empresarias.


Por outra banda, o que foi conselleiro de Industria nos gobernos de Manuel Fraga e presidente provincial do PP na Coruña, apelou ao papel da Xunta para asumir a xestión da AP-9 e impulsar a chegada do AVE para que Galicia "deixe de ser a periferia da periferia".


NOVA PESCANOVA


Mentres, como conselleiro de Nova Pescanova, Couceiro asegurou que agora "comeza a hora da verdade" para a empresa tras a designación dos novos cadros directivos.


"As vendas estanse practicamente mantendo e todas as medidas que se están adoptando están a dar os seus froitos", argumentou. Ademais, descartou que haxa "perigo de liquidación" da empresa.

relacionada Como afectará a política proteccionista de Trump ás exportacións galegas?
relacionada ​Case 23.000 galegos atoparon emprego no 2016
relacionada Villares: "Existe unha precariedade laboral que se traslada á precariedade das persoas"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress