#Claves de la semana

​Quinto cabodano de homenaxe a Isaac Díaz Pardo coa ausencia da Xunta

Personalidades da cultura, familiares e amicos reuníronse no cemiterio de Boisca para render tributo ao intelectual galeguista.


|

Diazpardo


Representantes da cultura galega, familiares e amigos do falecido Isaac Díaz Pardo reuníronse este domingo no Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, para render homenaxe ao intelectual galeguista no quinto aniversario da súa morte.


Segundo explicou o condutor do acto, o escritor Gregorio Ferreiro Fente, non se trata de homenaxear simplemente a un "excelente artista e empresario singular" senón de render tributo á "estatura moral" deste. A esta opinión sumouse a xornalista Carmen Villar, quen afirmou que Díaz Pardo "demostrounos que soñar ao grande tamén está permitido para un país pequeno".


Sobre a actividade cultural e empresarial do homenaxeado pronunciouse a directora de Cásaa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, quen sinalou que, para ela, "foi o máis semellante ao organizador dunha Bauhaus galega".


Así mesmo, a ensaísta e profesora da Universidade da Coruña (UDC), Olivia Rodríguez, describiu a Díaz Pardo como a clase de persoa que fala pouco neste tipo de actos. De feito, lembrou a humildade que, ao seu xuízo, caracterizaba ao intelectual galeguista, quen adoitaba dicir que prefería que falase a persoa que tiña á beira porque "sabía máis".


Do mesmo xeito que en anos anteriores, o evento, organizado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, caracterizouse por un marcado carácter republicano --a tumba estaba presidida por unha bandeira galega e unha española republicana e entre o público ondeaba outro emblema do Partido Comunista de Galicia--.


ASISTENTES E AUSENTES


Ao longo do acto, os seus coñecidos lembraron momentos e anécdotas sobre o homenaxeado. Entre outros, algúns dos asistentes ao evento foron Guillermo Escrigas, Luís Pasín, Bernardo Penabade, Olivia Rodríguez, Xulia Santiso, Andrés Varela, Carmen Branco García e Juan Carballo. Así mesmo, tamén acudiron o escritor Manolo Rivas e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero.


Outros dos participantes nesta homenaxe foron Ángeles Ruibal, que interpretou dúas cancións; o dueto de cantautores Mini e Mero, tamén con dous temas; e o grupo de gaitas Os Catro de Vigo, que foron os encargados de abrir o acto.


En representación do Concello de Santiago acudiu a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. Esta desculpou a ausencia do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen foi médico persoal de Díaz Pardo. E é que este non puido asistir.


En cambio, non houbo representación algunha da Xunta, feito que criticou o director da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero.


Finalmente, para concluír o acto fixeron unha ofrenda de mazás e soltaron pombas, en alusión a un poema de Lorenzo Varela, amigo de Díaz Pardo.


BIOGRAFÍA


Isaac Díaz Pardo foi fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, polo que desde mozo relacionouse coa intelectualidade galega da época. De feito, na casa familiar reuníanse as Irmandades da Fala, organización que celebrou recentemente o centenario da súa fundación.


A prematura morte do seu pai, fusilado ao pouco de comezar a Guerra Civil Española, obrigou a Isaac a esconderse durante un tempo ata que, no ano 1939, obtivo unha bolsa para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid.


Anos máis tarde, Díaz Pardo abandonou as artes plásticas e centrouse na cerámica, actividade na que tivo especial éxito. En 1963 fundou en Arxentina, xunto a outros galeguistas como Luís Seoane, o 'Laboratorio de Formas', considerado precursor da restauración da produción de cerámica de Sargadelos.


Ademais de artista e empresario cultural, Díaz Pardo tamén desenvolveu unha actividade como escritor de ensaios, críticas e artigos xornalísticos.

relacionada Cinco anos sen Isaac Díaz Pardo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE