#Claves de la semana

​A CIG solicita penas de cárcere contra Autobuses de Calo por acoso laboral​ a unha traballadora

A DXT retirou a Nélida Pisco todos os seus permisos de conducir tras unha solicitude da empresa de transporte sen comprobar a veracidade da acusación, afirma a CIG. 


|

Autobusesdecalo

A CIG presentou unha demanda pola vía penal con solicitude de penas de cárcere para os empresarios de Autobuses de Calo (Hedegasa) como responsables directos de acoso laboral a unha das traballadoras da compañía, Nélida Pisco.


O sindicato nacionalista formula esta denuncia despois de que o pasado 20 de decembro a Dirección Xeral de Trafico (DXT) comunicase a Nélida Pisco a suspensión cautelar de todos os seus permisos de conducir.


Segundo o sindicato, a DXT adoptada esta "drástica medida" en resposta a unha solicitude de Autobuses de Calo na que consideraba a esta traballadora "un risco para a seguridade da condución e para a seguridade dos viaxeiros sen comprobar a veracidade da devandita acusación".


Deste xeito, conforme sinalou a CIG, a traballadora quedaba nunha "situación de absoluta desprotección que a empresa aproveitou para, o 28 de decembro, suspender o seu contrato de traballo".


"PARTE DUN CASO DE ACOSO"


Por iso, o sindicato acusa á DXT de converterse en parte dun caso de acoso laboral sufrido por esta traballadora por parte dos empresarios desde que no ano 2009 decidise converterse en nai dunha nena que naceu cunha enfermidade conxénita pola que necesitaba lactación natural.


"Ante isto a traballadora negouse a cumprir a legalidade vixente indicándolle que o que debía facer era abandonar voluntariamente o seu posto de traballo e regresar cando tivese á filla criada para volvela contratar", lembrou o sindicato, que explicou que a traballadora sería despedida en 2010. Tras iso, o xulgado declarou nulo o despedimento e condenou á empresa a pagarlle unha indemnización por danos morais.


Ante estas cuestións e tras a decisión da DXT a CIG solicitou unha reunión cos edís responsables de transporte de Santiago, Ames e Teo, así como coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para esixirlles que actúen ante este conflito.

relacionada ​CC.OO. denuncia en la Inspección de Trabajo "acoso laboral" en Grupo Antolín Vigo
relacionada Báñez propone que la jornada laboral en España acabe a las 18.00 horas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE