A patronal do sector metalúrxico reclamou o apoio das administracións públicas, incidindo na necesidade de que España consiga unha estabilidade política para que non se "paralicen" investimentos e proxectos.
Máis contratos, pero de menor calidade. Este é o principal diagnóstico dun informe elaborado pola Federación do Metal, Construción e Afíns de UXT (MCA-UGT), no que se revela que a duración media dos novos contratos laborais situouse en 53,3 días en 2015, menos de dous meses, fronte aos 64,3 días rexistrados como media en 2010, antes da entrada en vigor das reformas laborais do PSOE en 2011 e do PP en 2012.