POIO (PONTEVEDRA)

Denuncian por cuarta vez en dous meses un home que conducía a pesar de ter perdido todos os puntos


|

Axentes da Garda Civil


Un veciño de Marín foi imputado por cuarta vez en dous meses polo mesmo delito: conducir sen carné por perder todos os puntos. A última produciuse este 22 de xullo entre Poio e Pontevedra, cando foi sorprendido por unha patrulla da Garda Civil.


O agora imputado por un delito contra a seguridade vial, J.I.S.F., será sometido a xuízo rápidoeste venres no Xulgado de lnstruccion número 1 de Pontevedra, en funcións de garda cando se produciu a imputación.


Os feitos aconteceron sobre as 13.50 horas deste mércores na estrada PO-308, que comunica Poio e a parroquia pontevedresa de Campañó. Unha patrulla da Garda Civil realizaba tarefas de prevención da seguridade cidadá no ámbito, no termo municipal de Poio, cando deron o alto a un turismo Volkswagen Transporter conducido por J.I.S.F.


Os axentes comprobaron os datos do condutor e puideron descubrir que lle retiraran o carné ao ter perdido todos os puntos, de modo que se lle imputou un delito contra a seguridade vial. Nese momento descubriron tamén que xa era reincidente nese tipo de condutas e que nos dous últimos meses xa o denunciaran polos mesmos feitos en tres ocasións anteriores.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE