#Claves de la semana
SECTOR LÁCTEO

Leite Río di que os gandeiros protestan porque lles gusta ir de festa

O polémico Jesús Lence acusa aos granxeiros obrigados a vender por debaixo do prezo de custe de non producir leite de calidade. 


|

Un camión de Leite Rio


Jesús Lence é un dos empresarios máis importantes do campo galego -di recoller case o 20% da producción do país de leite e dar emprego a 150 persoas en catro plantas. Tamén é un dos máis polémicos.


Esta mañá o propietario de Leite Río desmarcouse cunhas durísimas declaracións contra os gandeiros. "Os que están a montar tractoradas é porque lles gusta ir de festa e non por os baixos prezos", respondeu o empresario ao ser preguntado en Radio Lugo polo motivo das mobilizacións.


Os produtores levan meses de mobilizacións ante a caída de prezos. A maioría estima que por debaixo de 30 céntimos por litro o leite dá perdas. Non opina igual Lence, quen asegura que "os prezos de 27 a 30 céntimos é o que paga a industria ao gandeiro, é o prezo normal en toda Europa".


Os sindicatos denuncian que Río é unha das industrias que está a recoller leite por debaixo dos 20 céntimos. Lence culpa aos gandeiros deste problema porque "a industria firmou contratos ou opcións de compra a 26 ou 30 céntimos, pero como a calidade do liete é a que por iso sae a 18 ou 19 céntimos".


Río é historicamente unha das marcas con peores resultados nos estudos das organizacións de consumidores sobre a calidade das diferentes marcas. Este grupo tamén produce Leyma e moitas das marcas blancas que hai no mercado, foco das críticas dos gandeiros polas ofertas que consideran por debaixo de mercado.


Os gandeiros aseguran que Lence é un dos empresarios que máis a miúdo trae leite en pó de Francia para comercializala logo como producida en Galicia. Tamén está no seu punto de mira por ser o empresario que deixou de recoller leite a ducias de granxas en Curtis, Terra Cha e Rodeiro. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acusouno de "terrorismo económico". 


O certo é que Lence é un dos empresarios máis importantes de Galicia. Ademais de Leite Río, controla boa parte da distribución de combustíbel en Lugo, actividade pola que acaba de ser multado pola Comisión Nacional de Mercados y Competencia por pactar prezos con Repsol.


Ante as contínuas mobilizacións do sector, este sábado por exemplo 1.500 gandeiros marcharon por Santa Comba, a Xunta respondeu cun paquete de axudas. Os sindicatos aplaudiron a iniciativa, que a conselleira Rosa Quintana explicará en detalle este serán, pero consideran que non é dabondo para solventar o problema dos prezos.


Na súa opinión, o Estado debera intervir directamente no mercado. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo estima en 2.000 as granxas que están vendendo o leite até 10 céntimos por debaixo do prezo de producción. As mobilizacións seguen en marcha. Durante agosto haberá máis tractoradas a nivel local para, xa en setembro, desembocar nunha gran marcha sobre Santiago.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE