MARCHA DE ARZUA A MELIDE (A CORUÑA)

Medio milleiro de tractores marchan en Arzúa contra os baixos prezos do leite

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou que non hai "solucións máxicas" para estabilizar o sector lácteo e incidiu en que a liña a seguir é a reestruturación


|

635748253135083587

Unhos 700, circulan po la N-547 para percorrer os 15 km. que unen Arzua y Melide


Mais de medio milleiro de tractores marcharon este luns entre Arzúa e Melide, nunha viaxe de ida e volta, para pór de manifesto a crise do sector lácteo galego e reclamar que se paguen prezos xustos polo leite que garantan a viabilidade do sector.


Convocados pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, os manifestantes leron unha declaración ante a casa consistorial de Arzúa para pedir ás administracións que interveñan para solucionar o problema de forma definitiva.


Trátase da terceira tractorada desta campaña de mobilizacións en Galicia, tras as celebradas en Santa Comba e Chantada a semana pasada.


Os sindicatos agrarios denuncian que tres mil explotacións galegas están a cobrar menos de vinte e seis céntimos por cada litro de leite que producen.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE