#Claves de la semana
INTERVENCION INTENSIVA PARA CONDUCTAS INTENSIVAS, PIONEIRO EN ESPAÑA

Un programa de prevención do CHUO, Ourense, reduxo á metade os intentos de suicidio

O plan de intervención intensiva comezou a funcionar en abril do 2009 e atende a persoas de toda a provincia


|


Amparo González, Marina González e Teresa Reijas da Unidade de Saúde Mental (CHUO) 


Os resultados da avaliación do programa de intervención intensiva para condutas suicidas, que se puxo en marcha fai seis anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), están a xerar moito interese na comunidade sanitaria.


Os seus autores recibiron, desde a publicación dos datos que reflicten o resultado do seu traballo, numerosas consultas e propostas para intervir en comisións e reunións. Non é de estrañar xa que, salvo unha experiencia en Barcelona, non existe en toda España outra abordaxe similar para previr o suicidio ou a reincidencia nos intentos de persoas propensas a este tipo de condutas.


Os datos publicados polo equipo do CHUO demostran que a aposta mereceu a pena e dá resultado. Mentres que antes de pór en marcha este programa, os pacientes tratados co tratamento convencional, recaían nun 20,6 % dos casos, co desenrrolo  de este plan os casos reducironse a un 10 %. É destacable que, tal e como matiza Teresa Reijas, psicóloga clínica do programa, ese descenso demostrouse independentemente dos perfís dos casos, é dicir, redúcese sen diferenzas en canto a idade, sexo, necesidade de ingreso tras o intento índice e diagnóstico agregado. «Os resultados mostran que as persoas que reciben tratamento no programa de intervención intensiva ten menos reintentos, necesitan ingresar en psiquiatría menos e o tempo transcorrido desde o inicio do tratamento e o primeiro reintento é maior», resume. 


O estudo que reflite os seis anos de traballo está asinado, por un equipo multidesciplinar formado po la citada Teresa Reijas, o psiquiatra E. Ferrer e a enfermeira da unidade, Amparo González.


Unha das claves dese éxito, que diferencia a este programa é a abordaxe de cada caso de modo multidisciplinar, o que permite deseñar un plan personalizado para cada paciente. «O paciente non se adapta a un tratamento prefixado; é o tratamento o que se adapta a cada paciente», resume Reijas.


Outra das claves está en que a abordaxe do traballo psicolóxico baséase en tratamentos cognitivos conductuales realizados seguindo protocolos de actuación que demostraron a súa eficiencia. A rapidez de resposta é outro dos segredos do éxito. As persoas esperan menos de quince días para entrar no programa desde que se detecta que ten unha conduta prol-suicida ou desde que se produce un intento.


Neste aspecto é clave o traballo dos médicos e enfermeiras de Primaria, que recibiron formación específica para localizar a eses pacientes potenciais antes de pór en marcha o programa. A duración do tratamento é dun ano e o traballo asertivo, é dicir o seguimento, incluso a través de consultas telefónicas dos pacientes, por parte dos profesionais é outro dos aspectos diferenciadores.


INCREMENTO ENTRE A POBOACION MENOR DE 25 ANOS


En canto aos perfís dos pacientes tratados neste tempo, o estudo reflicte unha importante diversidade, aínda que Teresa Reijas recorda que hai unha importante incidencia en maiores. Algo que adoita ser habitual neste colectivo, máis proclive a caer en situacións de depresión debido ás súas propias condicións de deterioración física que, no caso de Ourense ou Lugo, suma ademais o factor da soidade e o illamento debido á dispersión poboacional e o abandono dos núcleos rurais. 


Reijas alerta doutro perfil que crece entre os pacientes do programa. «Desde hai ano e medio detectamos un aumento de menores de 25 anos que nos preocupa; aínda que aínda é pronto para sacar conclusións», sinala.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE