#Claves de la semana
CASO DEPURADORAS, OURENSE

A Xustiza sentencia que a Deputación de Ourense non reintegre euro algún, dos mais de 10 millóns, reclamados polo Ministerio de Facenda

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid anulou a petición do Ministerio de Facenda, que reclamaba á Deputación de Ourense a devolución dos fondos europeos destinados aos proxectos Daredo e Deputrans, entendendo que os feitos prescribiron.


|

O presidente da Deputación de Ourense, mostra os medios de comunicación a sentencia que libera a istutución de un pago de 10.123.053,03, reclamados polo Ministerio de Facenda



O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM) ven de ditar sentencia dando a razón á Deputación de Ourense no asunto coñecido como "caso depuradoras", relativo aos proxectos Daredo e Deputráns, pertencentes ao Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III. 


O alto tribunal, na súa resolución con data do pasado 30 de setembro, estima o recurso do goberno provincial contra a resolución do Ministerio de Facenda que reclamaba á deputación a devolución dos fondos europeos destinados a este proxectos, segundo ditaminara a OLAF, en total 10.123.053,03 euros.


Desta maneira, a Xustiza sentencia que a Deputación de Ourense non terá que reintegrar euro algún e anúlase a resolución da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda de data 30 de xuño de 2014, "por entender que prescribiu a acción de reintegro que deu lugar á resolución que se impugna". Asemade, o TSXM ditamina que non procede facer declaración de costas.


Neste senso, o alto tribunal estima a alegación formal de prescrición e non entra en cuestións de fondo, perfectamente argumentadas polos servizos xurídicos da Deputación de Ourense, que desmontaban unha a unha as cuestións esgrimidas pola OLAF no seu informe.


A sentencia conclúe: "Dado que a acción de reintegro prescribira ao transcorrer catro anos desde que se pechou o proxecto, que neste caso sería o 30 de xuño de 2006 e 30 de xuño de 2007 para cada proxecto, cabe concluír que as actuacións de investigación iniciadas en outubro de 2011 que deron lugar ao inicio do procedemento de reintegro acordado en data 6 de setembro de 2013 estarían fóra do prazo establecido de catro anos que finalizara antes incluso do comezo da investigación".


Finalmente sinala a resolución xudicial do TSXM que a estimación desta alegación "impide examinar o resto de motivos alegados posto que se considera prescrita a acción para o reintegro da cantidade subvencionada. E todo elo conduce a estimar o recurso e a anular a resolución impugnada".


O Estado ten agora un prazo de dez días para recorrer e, si así fóra, o caso chegaría ao Tribunal Supremo. Con todo, o presidente da institución ourensá mostrouse onte confiado en que non ocorra. En caso contrario, José Manuel Baltar cre que tamén se lle daría a razón aos argumentos da Deputación ourensá.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE