#Claves de la semana
PERMANECERÁ ABERTA ATA O 8 XANEIRO DO 2016

A exposición "Formas e Xeografía", de Xosé Rivada, na Fundación Vicente Risco, de Allariz (Ourense)

Estará vistable ata o día 8 de xaneiro de 2016, que se calusurará con unha perfomance musical a cago do violonchelista David Rivada.


|

FruteiroRivadagp

Fruteiro (foto: Antón Alonso)


A exposición "Formas e Xeografia" do escultopintor galego Xosé Rivada  é presentada na Fundación Vicente Risco, de Allaríz (Ourense) o pasado día 03 de decembro de 2015 permanecerá  ata o día 08 de xaneiro de 2016 .


Autor dunha importante obra en diversos materiais como: madeira, aceiro, pedra e, ultimamente mármore. Ten 37 esculturas públicas, unha de elas en Verín (Ourense) po la que tivo un enfrentamento con Concello polo uso que a Corporación do ano 2013, dispuxo xa que aproveitando unhs os cubos da escultura para facer de xarrón de frores, cousa que o autor da obr non consentiu, pois no era o fin da escultura.


No pasado mes de xulio expuxo, no Museo Municipal de Ourense, ocupando as duas plantas do mesmo con as suas obras baixo o nome de "Ideas Fuxidas", que permaneceu aberta durante tres meses.


Nesta ocasión, baixo o nóme "Formas e Xeografia" o autor acerca a Fundación Vicente Risco da emblemática vila ourensana de Allariz, reune 24 traballos da mais reciente factura, donde sobre muy diversos materiais e propostas plásticas, amosa no combinar pezas escultóricas e cadros un sentir dramático. A vida en esencia é cambio, e o mundo muda. Así, van os tempos, sempre iguais e sempre distintos. Cando os cambios bruscos aboian falamos de revolucións, mais estas non son mais que a resposta ás obstrucións no fluxo, e o roncar das ondas...


Olas, Gerreiros, homenaxes as meninas e avoas, ou os peixes transxénicos, dende a escuridade dun proceder industrial contra natura, transmutaranos de xeito irreversible a peor: Eis a denuncia social do artista, co metal con soldadura á vista.

A achega plástica dun saxofón ou unha guitarra de bronce, supón unha mnifestación do acercamento música da que o outor gosta en todas as manifestacions.


A exposición amosa ao visitante unha selección de obras do gran artista ourensán que mestura escultura con colaxes e pinturas, onde combina perfectamente realidade e abstracción. Así podemos ver moita vida, coma un milagre, gracias ó subconsciente que nos releva o artista, e que nós, coa nosa imaxinación, axúdanos a recrear.


GuerreiroRivadagp

Na escultura de parede abre o tema noutras direccións do cadro con decisión, dende o espeso do volume e o rudo da súa materia, con teas empastadas e metais en relevo, particularidades da súa obra, son tamén as interpretacións das súas coñecidas "Escultopinturas" , como Rivada define a sua obra, combínanse collages, óleos, fundicións, lenzos e técnicas mixtas, botando man dos materiais máis diversos, especialmente o ferro, o bronce, combinación perfecta de temas, técnicas, poema en movemento, materiais que nos presenta un Rivada heteroxéneo, vibrante,...conseguindo deste xeito o resultado que busca para cada obra. 


A súa pescuda apaixonada e vehemente deixa ver o sangue e a dor da vida, na que non falta a música e a poesía, expresada en todas as súas aventuras plásticas, mérito seu. 


Guerreiro (foto: Antón Alonso)


Xosé L. Gómez Rivada (Verín, 1953), emerxe artista dende a profesión do pai máis co apelido da nai, logo dunha dura infancia na vila capital do Val do Támega, indo moi novo para Bilbao, e nos anos seguintes a Barcelona, Madrid e outras cidades españolas, para cambiar de continente ancorándose nos oitenta a México, e regresar a España, logo do terremoto no D.F., e instalarse en Vigo nos anos noventa.


=======================================================

A exposición inaugurada o pasado día 3 de Decembro, permanecerá aberta ata o día  8 de xaneiro de 2016, que se calusurará con unha perfomance musical a cargo do violonchelista David Rivada.


Os horarios de visita podense consultar na web da Fundación Vicente Risco



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE