Aumenta o número de galegos despedidos a través dun ERE

CCOO asegura que 858 persoas perderon o seu traballo a través dun ERE durante o ano 2015, fronte ás 754 que foron despedidas por esta vía en 2014




|


No ano 2015 perderon o seu traballo a través dun ERE 858 traballadores en Galicia, segundo os datos

que manexa CCOO. Esta cifra supón un incremento dun 14% con respecto a 2014, cando foron despedidas 754 persoas por esta vía. 


Este aumento das persoas despedidas a través dun ERE contrasta vivamente coa diminución xeral dos afectados por este tipo de procesos. Así, durante 2015 rexistráronse 371 expedientes que afectaron a 5.494 traballadores, un 46,71% menos que en 2014.


¿Cómo se explica esta aparente contradicción? Pois porque segundo CCOO o ERE de extinción está gañando peso: «De aplicar o ERE como unha medida para adecuar o persoal a unha situación conxuntural, pasouse a utilizalo como instrumento de axuste de persoal puro e duro», sinala Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO. 


A industria xunta o maior número de traballadoras e traballadores afectados por un ERE, con 3.176 ata decembro de 2015 (o 50,68 % do total). Cabe destacar que, aínda que baixou o número de persoas afectadas por ERE, no sector da pesca na provincia da Coruña aumentaron nun 230,22 % debido ao conflito do sector, que amarrou os seus barcos durante tres meses.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE