#Claves de la semana

Citroën poderá ampliarse... ¿Pero qué pasa cos pequenos propietarios?

Veciños de varias parroquias de Vigo reclaman solucións ante a anulación do PXOM, criticando que a Xunta e o Concello "só se preocupan das grandes empresas"



|


A anulación do PXOM de Vigo deixou o urbanismo vigués nunha situación de bloqueo difícil de sortear. Os grandes proxectos de 'especial interese público', como a ampliación de Citroën ou a estación de Urzáiz, poderán levarse a cabo grazas á lei express introducida pola Xunta, que en principio será aprobada no vindeiro pleno. Pero a esta lei excepcional tan só poderán acollerse os proxectos de gran calado, polo de agora non hai solucións para os pequenos propietarios afectados polo bloqueo. 


Esta situación levou aos veciños de varias parroquias de Vigo a considerar que a Xunta e o Concello "só se preocupan das licenzas de grandes de empresas", mentres "deixan tirados aos pequenos investidores". Dende a Federación Veciñal Eduardo Chao habilitaron un Punto de información, no que segundo a súa voceira María Pérez xa recibiron máis de 100 peticións nas que se expoñen "todo tipo" de casos, "sobre todo" licenzas que non se conceden, falta de información, leiras urbanas que pasan a rústicas, e problemas en devolucións de pagos realizados.


Son varios os veciños que este venres afirmaron estar a sufrir un "agravio e prexuízo enorme" para as súas propiedades". Entenden que se propoñan situacións para as grandes empresas, pero insisten en que os particulares tamén as necesitan. "O urbanismo desenvólvese para todos os cidadáns ou para os máis grandes?", cuestionáronse.


Síntense indefensos e denuncian que esta situación é "culpa duns ineptos", porque "se sabían que non estaba ben feito --o PXOM--, por que o levaron a cabo?". Neste sentido, reclamaron que os responsables "dean a cara e fagan algo".


"Só se preocupan de obras de interese xeral e a nós déixannos de lado", insistiron, antes de apuntar que se poden facer leis para esas obras de gran envergadura, tamén "fagan algo" para os seus respectivos casos. "Eu non teño a culpa de que alguén non fixese ben o seu traballo e non me dean unha solución", incidiu unha veciña de San Miguel de Oia.


DEMANDA COLECTIVA


María Pérez avanzou que teñen a intención de presentar --aproximadamente dentro dun mes-- unha demanda colectiva para canalizar conxuntamente as denuncias dos veciños e reclamar á Xunta e o Concello danos e prexuízos e a devolución de todas as cantidades que achegaron os veciños nos seus respectivos trámites.


Igualmente, a Federación está a elaborar unha base de datos de afectados por parroquias, e estanse presentando reclamacións individuais, tamén contra as administracións autonómica e local. "Seguiremos pelexando", asegurou a portavoz.


Ante esta situación, a Favec manterá aberta a oficina de consultas "mentres non haxa unha solución para os veciños", e Pérez indicou que tamén seguirán ofrecendo os servizos dun avogado, que ampliará a atención aos luns e xoves pola recepción de "tantas consultas e queixas".


Entre as reclamacións que teñen atópase tamén unha petición de que as administracións escoiten e conten cos veciños e as asociacións de veciños á hora de redactar o novo Plan Xeral de Vigo.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE