#Claves de la semana

A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros


Esixen que se tomen medidas "xa" a través de "un plan de choque", máis aló das cuestións a "medio e longo prazo" 



|



Este mércores celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo impulsado pola Xunta, integrando a productores, industrias e distribución do sector leiteiro. Todos consensuaron elevar demandas concretas ao Ministerio de Agricultura para que as defenda en Bruselas o vindeiro 14 de marzo. Pero aos representantes galegos non lles parece suficiente, coinciden en reivindicar medidas "urxentes". 


Tras unha reunión de catro horas, os representantes da plataforma en defensa do sector lácteo Isabel Vilalba (Sindicato Labrego) e Óscar Pouse (Unións Agrarias) coincidiron en esixir que se tomen medidas "xa" a través de "un plan de choque", máis aló das cuestións a "medio e longo prazo" que poida supoñer este plan.


As organizacións agrarias demandan unha "solución" inmediata para explotacións ás que se ameaza con non recoller a súa produción ou están a recibir polo seu leite prezos por baixo de custos, pero "niso non houbo avances".


Chaman a que haxa unha intervención por parte das administracións para unha retirada de excedente lácteo dos mercados -que se poida destinar a axuda humanitaria-- para que non tire cara abaixo os prezos, pois prevén que na primavera se produza unha "posible e moi real baixada de prezos". "Seguimos sen ver unha actuación decidida", queixouse Vilalba sobre a falta de medidas a curto prazo.


Neste sentido, Ángeles Vázquez asegurou que se pedirá á UE que "se suba o prezo de intervención tanto do leite en pó como de manteiga, porque se non suporía un estrangulamiento do sector", así como un control dos mercados para que non exista "unha banalización dos produtos".


FALTA DE REPRESENTANTES DAS INDUSTRIAS


Neste primeiro encontro constituíuse o grupo de traballo do plan que estará integrado por representantes da Xunta, industria, cooperativas, distribución, organizacións agrarias, o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal), o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol), universidades e comunidade científica. A intención é que haxa reunións de forma periódica unha vez ao mes.


Con todo, como representantes da industria só acudiron membros de Feiraco e Entrepinares. Aínda que a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) mostrou o seu apoio para participar neste grupo de traballo aínda non elixiu un representante para acudir aos encontros e ningún foi este mércores á Consellería do Medio Rural. Por parte da distribución estiveron a Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución (Anged) e a Asociación de Supermercados de Galicia (Asuga).


Así, Óscar Pouse lamentou que "non había representación suficiente das industrias", mentres que Isabel Vilalba criticou que "faltou toda a industria". A conselleira explicou que se está á espera que a Fenil envíe ao seu representante, porque admite que as industrias non tiveron unha representación que "eles entende que deben de traer".


relacionada O prezo do leite segue sen subir no 2016
relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
relacionada A administración recibe o SOS urxente dos gandeiros
relacionada Os gandeiros lanzan un SOS urxente
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE