PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • CRTVG
  • cambio de hora
  • xunta galicia
  • eólica

O bloque non consigue arriar a bandeira europea do Parlamento

Os nacionalistas propuxeron este xesto como protesta á política da UE cos refuxiados, pero atoparon a oposición do PP e do PSdeG

Redacción
Redacción
| lunes, 21 de marzo de 2016, 16:39
  • 0
ARCHIVADO EN | Inmigrantes UE Parlamento de galicia


O BNG propuxo formalmente arriar a bandeira europea do Parlamento de Galicia, como xa fixo en Pontevedra, como xesto de protesta pola política de devolución de inmigrantes da Unión Europea. Os nacionalistas conseguiron o apoio de AGE e do Grupo Mixto, pero finalmente a bandeira permanecerá no seu lugar debido á oposición do PP e do PSdeG. 


O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, indicou que se propuxo como "un xesto simbólico" fronte "a un acordo que atenta contra os dereitos humanos" e ante o que o Parlamento "non pode ser indiferente". Na mesma liña expresouse o vicevoceiro da AGE, Antón Sánchez, que falou dun xesto de protesta simbólica contra "decisións criminais que todos os días provocan a morte de nenos e nenas que non teñen a culpa de nada".


Pero estes argumentos non conseguiron convencer ao resto dos grupos. Para a vicevoceira do PSdeG, Carmen Gallego,  o "prioritario" na Cámara autonómica é, ao seu xuízo, lograr unha declaración institucional contra unha decisión  que "vai en contra dos dereitos fundamentais e en contra dos dereitos humanos, impedindo o asilo a miles de refuxiados que están a fuxir dunha guerra". Aínda así, non apoia que se retire a bandera para "non confundir as institucións co que son os seus gobernos".


No caso dos populares a vicevoceira Cristina Romeu deixou claro que o PP estaba en contra de arriar a bandeira, defendendo o "acordo sensato e razoable" ao que se chegou o pasado venres. Acusou a "determinados grupos nacionalistas" de facer "demagoxia", porque por unha banda "están arriando a bandeira e, por outra, poñen as súas dúas mans para recibir investimentos de Europa para as cidades onde gobernan".


relacionada Los líderes europeos cierran el acuerdo para devolver inmigrantes a Turquía
relacionada A oposición galega únese contra a "aberración" do trato aos inmigrantes
relacionada ¿El principio del fin?
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

La CIG denuncia la reducción del horario de la línea de atención telefónica en gallego de Naturgy

Xunta y decanos de Educación coinciden en trabajar para mejorar la formación docente e implantar doctorados educativos

Se consuma el retorno de Besteiro: de imputado por Pilar de Lara a nuevo delegado del Gobierno en Galicia

Lorenzana subraya que la inversión en formación para empleo en Ferrolterra superó los 47 millones en los últimos años

Cabeceralomasleido 1
1
Letrados de justicia gallegos votan apoyar al Comité de Huelga y mantener la huelga hasta la firma del acuerdo
2
El PPdeG presenta a sus candidatos más jóvenes a las municipales, 11 alcaldables de entre 22 y 30 años
3
La paga de Beneficios en Stellantis Vigo: más de 2.000 euros menos que en Francia
4
Programa de la Festa da Pascua de Padrón 2023: "Las bandas nos dicen que quieren tocar aquí sí o sí"
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora