​Os sindicatos denuncian a "precariedade" do emprego que se crea en Galicia

|



Varios sindicatos aproveitaron o dato do descenso do paro en Galicia durante o mes de marzo, impulsado pola Semana Santa, para denunciar a "precariedade" e a "temporalidade" que segundo eles caracteriza ao emprego creado na nosa comunidade.


En concreto, dende CCOO denuncian que o emprego que se crea en Galicia é "precario" e "sen dereitos", basándose ademais "nos servizos de baixo valor engadido". A secretaria de Emprego do Sindicato, Maica Bouza, alerta de que a precariedade, a falta de dereitos e os baixos salarios "dificultan o desenvolvemento dun proxecto de vida ou saír da pobreza, contribuíndo a incrementar a exclusión social".


Sitúa o foco sobre a elevada temporalidade dos contratos, destacando que o 90,83% dos contratos rexistrados durante o mes de marzo son temporais.


Paralelamente, dende a CIG destacan que o incremento de afiliados fora de 5.012 persoas pero que o descenso do paro se quedara nas 3.471. Dende este sindicato consideran que esta disparidade de datos se debe a que "preto de 1.500 persoas das que cursaron alta na S.S. non estaban rexistradas como demandantes nos servizos públicos de emprego", un feito que segundo eles valida as súas reservas respecto dos datos rexistrados, que "non contemplarían a todas as persoas que están realmente desempregadas e que buscan un posto de traballo en Galicia".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress