#Claves de la semana

​Piden máis compromiso contra o cambio climático no Día da Terra

Consideran que en España a política do executivo non fixo máis que “fomentar as subvencións aos combustibles fósiles e encallar o desenvolvemento das enerxías renovables”


|



O 22 de Abril celébrase o Día da Terra. Pero ademais de celebrar, dende Amigos da Terra en Galicia quixeron aproveitar a ocasión para reclamar un maior compromiso na loita contra o cambio climático, xa que consideran insuficiente o Acordo do Clima aprobado en París durante o pasado mes de decembro.


Consideran que en España a política do executivo non fixo máis que fomentar as subvencións aos combustibles fósiles e encallar o desenvolvemento das enerxías renovables”, cunha ristra de medidas que consideran “incoherentes” coa loita contra o cambio climático. Por iso instan ao Goberno a avanzar cara un modelo baseado en “enerxías limpas en mans da xente”.


A nivel internacional, recordan que a gran maioría de xefes de Estado participan na ceremonia de Nacións Unidas en Nova York para asinar o Acordo do Clima, o seguinte paso antes de ratificar o acordo nos parlamentos nacionais.Pero dende Amigos da Terra insiste na insuficiencia do documento, que non está “á altura da magnitude do problema”.


"A ciencia é moi clara: estamos nun punto de non retorno. As decisións que se tomen nos próximos 10 anos – investimentos en enerxía sucia, distribución de fondos públicos, redución de emisións-determinarán si a temperatura global excede o límite do 1,5ºC ou non, e cal será a escala dos impactos sobre a poboación e o noso planeta", sinalou Alejandro González, coordinador de Amigos da Terra.

A pesar da mención de non exceder o límite do 1,5ºC no acordo, sinalan que “en ningún momento se recoñecen os graves riscos de superar eses niveis e chegar aos 2ºC de temperatura media”. Consideran que os obxectivos de redución de emisións de cada país “nin sequera lograrían permanecer por baixo dos 2ºC, senón que practicamente alcanzaríanse os 3ºC, unha temperatura incompatible cun planeta habitable”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE