#Claves de la semana

Morre un ancián durante unha pelexa cun compañeiro de residencia en Marín

O seu rival foi detido, investigado por un presunto delito de homicidio imprudente


|


Un ancián de 86 anos faleceu este xoves á noite no transcurso dunha pelexa cun do seus compañeiros na Residencia do Maior de Marín, en Pontevedra. Os dous homes comezaron unha discusión na que se pegaron mutuamente puñetazos, rematando coa perda da vida dun deles.


O outro home implicado, de 87 anos, estivo retido na residencia ata as nove da mañá, momento no que foi levado ao Hospital Montecelo de Pontevedra pola rotura do tabique nasal. Posteriormente foi trasladado á comisaría para tomarlle declaración, investigado por un posible caso de homicidio imprudente.


O enfrontamento teríase producido por mor dunha discusión polo lugar onde poñer a roupa. Un motivo menor que ten que ver con como viven moitos dos usuarios desta residencia pública. A instalación conta con catro plantas. En cada una delas hai 10 habitacións individuais e 5 dobres.


Os usuarios que levan menos tempo na residencia son os que comparten cuartos dobres, como era o caso destes dous homes. Non existe ningún tipo de proceso de adaptación, polo que estas persoas maiores deben compartir espazo e isto xera conflitos.


Segundo fontes internas da residencia, é moi habitual que haxa leas entre os residentes que comparten habitación, maila que esta é a primeira vez que un enfrontamento acaba en morte. 


A AUTOPSIA APUNTA A UNHA MORTE "ACCIDENTAL"


A autopsia preliminar practicada ao ancián falecido apunta a unha morte "accidental" e non a un "homicidio doloso". Aínda que se mantén as "cautelas", dado que a investigación segue en marcha, todo parece indicar que efectivamente estamos ante a morte "accidental" dun home que tiña "múltiples patoloxías previas".


O seu compañeiro, que fora detido, xa foi posto en liberdade con cargos á espera de que se aclaren as circunstancias do suceso. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE