#Claves de la semana
UN ÁMBITO PARA A CULTURA GALEGA E O GOCE DOS NOSOS VIÑOS

Xornadas de Viño e Cultura no Liceo de Ourense

Haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño

 

|

Exterior e interior de Pazo de  Oca Valladares sede do Liceo de Ourense


As Xornadas de Viño e Cultura, que terán lugar no Liceo da cidade de Ourense, os días 24 de maio e 1 de xuño, procuran levar a cabo un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño. Mais tamén teñen estas Xornadas teñen unha orientación transversal, que pretende integrar o mundo do viño coa creación literaria e máis a musica.


Os comentarios do condutor das Xornadas, o profesor Xavier Castro, farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura e historia do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce do viño. 


Haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co creador que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén pezas modernas e música galega tradicional. Faranse tamén lecturas breves de textos en prosa e proxectaranse ademais fragmentos curtos de filmes e documentais culturais. E preténdese, dende logo, que toda esta actividade resulte non só interesante senón tamén amena e lúdica.


En cada sesión degustaranse viños da D. O. Ribeiro, por manter este viño de relevancia histórica, unha expresa relación coa obra de dous senlleiros escritores: Miguel de Cervantes, de quen celebramos a efemérides do cabodano da súa morte, e Eduardo Blanco Amor, a quen por certo consideraremos no contexto da cidade de Ourense. 


Catarase tanto o viño branco como tinto, xenérico da Denominación, cuxa realidade presente e perspectivas de futuro serán comentadas por Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador da D. O. Ribeiro. Isto será na primeira sesión, namentres que na segunda haberá ocasión de catar os excelentes caldos da adega  Áurea Lux, (Cenlle, concello de Ribadavia) que serán presentados polo colleiteiro que está a fronte dela, Manuel García Docampo.


Como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no Liceo de Ourense.


LUGAR DE REALIZACIÓN:

Cafetería do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 5. Ourense)


DATAS:

-24 Maio, Martes: Miguel de Cervantes e o viño do Ribeiro. Con Cristina Alcalá. Viños da D.O Ribeiro.


-1 Xuño, Mércores: Blanco Amor e Ourense. Con Manuel García Docampo. Adega Áurea Lux.



HORARIO: de 20 a 22 horas.


PREZO:

-10 euros cada sesión para socios do Liceo, e 12 euros para os non socios (con dereito a varios viños e petiscos).

-Pódese adquirir a entrada na propia cafetería do Liceo, na que terá lugar o evento, preferentemente nos días precedentes, ou ben media hora antes da celebración da sesión.


Para máis información:

Liceo de Ourense (para información e efectuar reservas: E-mail: gerencia@liceodeourense.com; liceodeourense@hotmail.es / Teléfonos: 988 222 584)


Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)


E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE