#Claves de la semana

​O Cunqueiro contáxiase do peche de camas

CCOO denuncia a inminente clausura doutras 70 camas na área sanitaria de Vigo


|



Pouco a pouco e sen informar. Os sindicatos denuncian "un peche de camas masivo" por parte da xerencia da área sanitaria de Vigo, que xa afecta ao Hospital Meixoeiro e que pronto se extenderá ata o Álvaro Cunqueiro.


A chispa saltou a comezos da fin de semana pasada, cando os traballadores do Meixoeiro se atoparon co peche dunha das alas da sexta planta, con 30 camas. Este peche viu a unirse á clausura permanente da terceira planta e de 30 postos de ciruxía durante as fines de semana, provocando que máis da metade das camas do hospital quedaran inoperativas.


E a cousa non queda ahí. Espérase que este venres se peche outra ala, esta vez na quinta planta, reducindo a mínimos a capacidade de ingresos no Meixoeiro.


Un peche de camas que acabará contaxiando ao Hospital Álvaro Cunqueiro. CCOO vén de denunciar que a xerencia pretende pechar o vindeiro 15 de xuño as alas de hospitalización de Otorrino e Traumatoloxía, quedando inoperativas 70 camas do novo hospital durante o período estival.


Dende a xerencia non dan conta do número total de camas que pretenden pechar de cara ao verán. Pero os sindicatos temen que se acaden mínimos históricos, que repercutan ademais na parálise de quirófanos e contratacións de persoal mínimas.


CCOO denuncia estas "imposicións do Sergas" e reclama que se utilicen os meses de verán para "reducir as escandalosas listaxes de espera cirúrxicas" da área sanitaria. 

relacionada Máis da metade das camas do Meixoeiro, "inoperativas" durante a fin de semana
relacionada Califican de “contos electorais” a promesa de reducción de listas de espera
relacionada ​Feijóo compromete 24 millóns para reducir as listas de espera e mellorar os hospitales galegos
relacionada ​CCOO critica a “campaña electoral permanente” do Sergas
Última hora

1 Comentarios

1

Lamentable

escrito por luz rodriguez vila 25/may/16    16:28

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE