#Claves de la semana

​Méndez Romeu dimite para evitar “contradicións” trala súa derrota nas primarias

“A política está presidida pola ética da responsabilidade. Os actos teñen consecuencias e as consecuencias hai que asumilas”


|




O voceiro parlamentario do PSdeG, Xosé Luis Méndez Romeu, confirmou a súa dimisión como voceiro parlamentario do partido trala súa derrota nas primarias fronte a Xaquín Fernández Leiceaga.


Asegura que entende e agradece o depósito de confianza do seu rival e da comisión xestora do PSdeG, que lle pediron que continuara. Pero asegura que a “mellor solución é que se nomee unha nova persoa”, porque do contrario existiría o risco de que se producirán “contradicións, puntos de vista distintos que en nada favorecerían á unidade de discurso” que debe ofrecer o partido neste partido.


Ademais, trala derrota electoral interna sinte que “a maioría da organización non respalda” a súa labor, polo que lle faltaría a convicción para manter o “nivel de oposición” desexable durante o que resta de lexislatura.


“A política está presidida pola ética da responsabilidade. Os actos teñen consecuencias e as consecuencias hai que asumilas”, concluiu o xa exportavoz parlamentario, que está convencido de que haberá sustituto para o vindeiro pleno.


CARMEN GALLEGO ACOMPAÑA A ROMEU NO SEU PASO ATRÁS


A actual viceportavoz do grupo do PSdeG, Carmen Gallego, autodescartouse para sustitiur a Méndez Romeu, poñendo ademais o seu posto a disposición da xestora como consecuencia do seu apoio para o candidato perdedor das primarias. 


"A miña implicación persoal e política na campaña para as primarias con José Luis Méndez Romeu é evidente e por tanto entendo que eu tamén teño que dar un paso atrás neste proxecto e facilitar ao novo candidato e á xestora que poidan escoller a persoas da súa confianza para a nova dirección do grupo", esgrimiu Galego, quen agregou que "hoxe mesmo" os membros da permanente trasladaron unha notificación para indicar que "todos os cargos estaban a disposición da comisión xestora".

relacionada ​Méndez Romeu podería dimitir este mesmo martes
relacionada Leiceaga chama á "unidade" do PSdeG tras a súa vitoria
relacionada Leiceaga é elixido candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta
relacionada ​Méndez Romeu: “En cinco meses, estarei sentado na presidencia”
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE