​Galicia perde case 56 millóns dos fondos europeos para o agro

|

Vacas 1

Galicia executou o 93,73% dos fondos do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2007-2013, o que supón deixar de investir máis de 55,9 millóns de euros que estaban dispoñibles, tal e como denuncia o Sindicato Labrego Galego nun comunicado.


O sindicato agrario lamenta que a execición do orzamento estea por baixo da media de España, a pesar de contar cun prazo adicional de dous anos ao período previsto. Cualifica de "inxustificable" esta "perda de cartos", pois son fondos que se destinan á "modernización de explotacións, incorporación da mocidade ás actividades agrogandeiras, ordenación do territorio e melloras na produtividade industrial agroalimentaria e forestal".


O SLG atribúe esta situación ao "desmantelamento da Consellaría de Medio Rural", que abandonou, denuncian, moitas liñas de traballo ou "optou por criterios moi lesivos" para tramitar os expedientes. Tamén lamentan a redución "drástica" de persoal na "maioría" de oficinas agrarias comarcais, nas escolas de capacitación e nos centros de investigación.


Por último, o sindicato prevé "que se volva perder unha cantidade inxente de recursos financeiros no actual PDR 2014-2020".

relacionada ​Unións Agrarias quere atallar os accidentes de traballo no rural galego
relacionada Bruselas descarga responsabilidade nos gandeiros para saír da crise do sector lácteo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress