#Claves de la semana

​Ana Pastor acepta sentarse coas vítimas

A ministra cede ante a carta dos afectados e fixa a cita para o martes pola tarde. "Non queremos palabras baleiras", avisan desde a Plataforma Vítimas Alvia 04155.


|

Vitimasalviaobradoiro

A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, accedeu a reunirse coas vítimas de Angrois o vindeiro martes, 19 de xullo, tras a petición dos afectados realizada por carta a comezos desta semana.


O encontro terá lugar ás 18,00 horas no Ministerio de Fomento, en Madrid, ao cal acudirán ao redor dunha decena de vítimas co obxectivo de reclamar unha nova investigación técnica --despois de que Bruxelas determinase que a realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente--, a apertura dunha comisión parlamentaria no Congreso sobre o sinistro, á vez que demandarán á ministra que "pida perdón publicamente" polos seus "enganos".


Diso informou o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, quen asegura que acudirán ao Ministerio de Fomento co obxectivo de arrincar compromisos. "Non queremos palabras baleiras", sentenza.


TERCEIRO ANIVERSARIO


A poucos días de que se cumpran tres anos do sinistro que ocorreu o 24 de xullo de 2013, o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155 --que agrupa á maioría de vítimas e familiares afectados--, Jesús Domínguez, apunta que son máis "optimistas" respecto de como estaba a situación hai un ano, "porque ao final a verdade imponse".


"Somos moito máis optimistas porque a Audiencia reabriu a causa, o ano pasado non tiñamos esa esperanza na vía xudicial, e temos moita máis forza porque temos a verdade e confirmáronnolo desde Europa", explicou Domínguez.


ACTOS E REIVINDICACIÓNS


Así, os actos conmemorativos da traxedia arrinca o próximo 23 de xullo, sábado, día no que terán unha asemblea ás 18,00 horas en Santiago de Compostela (no Auditorio de Galicia) para facer balance dos últimos avances no caso ocorridos ao longo dos últimos meses.


Xa o 24 de xullo, domingo, será a quenda dunha concentración na Praza do Obradoiro (a partir das 11,00 horas), onde do mesmo xeito que o resto de anos levarán unha pancarta que reza '81 mortos e máis 140 feridos en alta velocidade. Esiximos verdade, xustiza e responsabilidades políticas: PP, PSOE, ADIF e Renfe'.


Sobre esta protesta, as vítimas de Angrois aseguran que lles "gustaría" contar "co apoio da xente de Santiago", aos que convidan a sumarse nesta cita reivindicativa.


Tamén o 24 de xullo haberá unha misa na Colexiata de Sar (12,30 horas) e sobre as 19,00 horas as vítimas volverán á curva da Grandeira, no barrio de Angrois onde farán unha ofrenda floral, lerán textos e poemas, á vez que cruzarán coas súas pancarta pola ponte ata o lugar no que se siniestró o Alvia fai tres anos.


No acto de homenaxe na tarde do 24 contarán coa colaboración da Asociación de Veciños de Angrois, o xornalista Ramón Castro e a cantante Sandra Otero, entre outros. Finalmente, o 25 de xullo haberá unha reunión familiar no Pazo de Faramello (Rois), onde se atopa o Xardín do Recordo que honra os falecidos.

relacionada ​Fomento "no es quien" de pedir una nueva investigación sobre el Alvia
relacionada ​Las víctimas del Alvia piden verse con Ana Pastor
relacionada ​Las víctimas del Alvia piden la dimisión de Ana Pastor: "nos mintió"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE