#Claves de la semana

Galicia mantén na memoria as feridas dos represaliados polo franquismo

Cúmprense 80 anos do golpe de Estado franquista e forzas políticas e institucións son conscientes de que queda camiño para dingnificar as vítimas.


|

FrancoPON

O Parlamento de Galicia reiterou a importancia de proseguir coas accións dirixidas a "recuperar e dignificar" a "memoria das vítimas" da represión exercida durante o franquismo e a Guerra Civil.


Esta intención foi acordada por todos os grupos políticos da Cámara nunha declaración institucional na que se recolle a "importancia de eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas de rúas e edificios públicos.


Nesta liña, tamén apela á colaboración na identificación dos desaparecidos e enterrados en fosas comúns durante a ditadura franquista.


Así mesmo, a asemblea lexislativa incidiu na súa condena ao golpe de estado perpetrado en 1936, ao réxime ditatorial consecuencia deste levantamento e aos "crimes e represións" exercidos sobre o exército perdedor.


A declaración institucional na Cámara galega foi aprobada despois de que o Grupo do BNG propuxese que a Mesa do Parlamento organizase un acto en homenaxe ás vítimas da represión da Guerra Civil e da ditadura franquista. Os nacionalistas tamén querían levantar un monumento no seu recordo "nun lugar digno" do recinto do Pazo do Hórreo.


"LOUSA DO SILENCIO"


O BNG reclamou este luns unha lei galega de recuperación da memoria histórica para terminar con "a lousa do silencio".


Ante o Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, a portavoz nacionalista, Ana Pontón, acompañada pola portavoz municipal, Avia Veira, a historiadora Beatriz Gómez e Ánxela Franco, participou nun acto organizado con motivo do 80 aniversario do levantamento franquista, no que se fixo unha recreación simbólica do escenario dunha trincheira.


"É un acto de denuncia da vergoña de seguir vivindo nun estado que segue querendo tapar con silencio a verdade", sinalou a portavoz, que tamén aproveitou para denunciar a "desmemoria" que segue existindo.


Neste sentido, Pontón destacou que, durante os primeiros anos do franquismo en Galicia, desapareceron 4.000 persoas das que "non sabe o seu paradoiro", cifra que comparou coas 2.400 persoas represaliadas en Cataluña e as case 3.000 en Madrid.


Con estes datos na man, a nacionalista cre que en Galicia houbo unha "planificación sistemática" para eliminar ás persoas que estaban a dirixir movementos políticos, sociais e sindicais. "Para nós é un día en que queremos lembrar, porque cremos que a xustiza non se pode ter sobre a desmemoria e cremos que en España temos dereito á verdade, á xustiza e á reparación", dixo.


GARNTIZAR A INVESTIGACIÓN


Ante esta situación, Pontón asegurou que o BNG seguirá traballando para que Galicia teña "unha lei galega para a recuperación da memoria", que se poña ao lado das vítimas e que "garanta a investigación". Unha lei que, segundo manifestou, "acabe coa lousa de silencio que impuxo Feijóo".


E é que, para o BNG, o presidente da Xunta é "responsable" da denunciada "desmemoria" porque a chegada do popular á presidencia do Goberno galego "supuxo un paso atrás na recuperación da memoria porque pechou todas as axudas e portas".


FRANCO, PRESIDENTE PERPETUO


Coincidindo co 80 aniversario do golpe de estado que deu orixe á Guerra Civil española, o deputado responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra, Xosé Leal (BNG), presentou por rexistro unha proposta para retirar unha serie de distincións outorgadas pola administración provincial, entre eles o nomeamento de Francisco Franco como 'presidente perpetuo' da institución.


Ademais, o acordo pretende que sexan revogados a concesión da Medalla de Ouro da provincia a José Solís Ruiz e á Sección Feminina da Falanxe española, o nomeamento de fillos predilectos a José Calvo Sotelo e José Solís Ruiz e a designación como adoptivo a Pedro Neto Antúnez.


O deputado Xosé Leal lembrou que a Corporación xa aprobou de maneira unánime unha moción sobre o posicionamento da Deputación ao redor da Memoria Histórica e da ditadura franquista, acordando a eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución provincial co réxime.


O deputado nacionalista engadiu que existe ademais unha "obrigación ética e política clara" a este respecto porque dirixentes políticos da institución e persoal ao seu servizo foron "obxecto de represión e persecución" en forma de asasinato, cárcere ou depuración.


DEPUTACIÓN DE LUGO


A xunta de portavoces da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade de todos os partidos este luns unha declaración institucional de condena do golpe de estado franquista do 18 de xullo de 1936, do que se cumpren 80 anos.


"Parécenos oportuno non esquecer esas cousas para que non volvan suceder, esa ditadura que perseguiu a tanta xente pola súa ideoloxía, que obrigou a fuxir a moitas persoas e outras condenadas ao ostracismo, con especial mención ás mulleres, que se converteron en cidadás de terceira", sinalou o presidente provincial, Darío Campos.


Ao seu xuízo, é necesario realizar este tipo de actuacións para non "esquecer" o golpe de estado e evitar que se repita, sobre todo cando "non hai moitos días estivo a piques de ocorrer en Turquía". Con motivo da efeméride, colga do balcón do Pazo de San Marcos un cartel que reza "18 de xullo, xamais".

relacionada Atopan na Pobra do Brollón os restos de dous asasinados polo franquismo
relacionada O cemiterio de Oza acollerá unha homenaxe ao guerrilleiro Manolito Bello
relacionada ​El vicepresidente de la Fundación Francisco Franco avala la fianza de Mario Conde
relacionada ​Ourense cuestiona a Franco como fillo adoptivo 70 anos despois
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE