#Claves de la semana

​O operativo contra incendios evitou nesta vaga danos graves nas vivendas

Arbo e Porto do Son seguen en alerta pola proximidade do lume, aínda que semella que a situación encara unha mellora. Mentres, outro foco prendeu en Catoira.


|

Incendiobarbanzaseagabrigadista


Porto do Son e Arbo seguen en alerta pola proximidade do lume ás casas, segundo o último parte da Consellería do Medio Rural sobre a situación dos incendios forestais en Galicia.


En Porto do Son, o lume provocou danos no paseo marítimo, en parques, un merendeiro da zona das Furnas e en fiestras dalgunhas vivendas a causa da calor. Con todo, o alcalde, José Luis Oujo, asegurou que a situación "dentro da gravidade está controlada" e que xa non hai persoas desaloxadas.


Pola súa banda, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, remarcou que a situación "está razoablemente ben, non hai ningunha zona complicada", aínda que transmitiu o seu temor porque en calquera momento se poida reavivar o lume, "sobre todo se hai vento". O incendio, que chegou a "practicamente todas as parroquias", afectou especialmente durante esta noite a Sela e o lugar de Vilar.


Mentres, un novo incendio declarouse na tarde deste venres, outra vez na costa, no litoral atlántico. Medio Rural informa dun novo lume activo que se localiza no concello pontevedrés de Catoira e que comezou na parroquia de Dimo. Polo momento, segundo a estimación que achega o departamento autonómico, calcinou xa unhas 20 hectáreas.


E outro incendio, esta vez no lugar de Armada, na parroquia pontevedresa de Salcedo, mobilizou á Policía Local e os Bombeiros de Pontevedra que, coa colaboración de máis de medio centenar de veciños que se mobilizaron con caldeiros e outros apeiros, lograron sufocar o lume en apenas dúas horas. Segundo a Policía Local, foi necesario trasladar animais domésticos dunha parcela que chegou a estar en "grave perigo" pola proximidade das chamas.


En declaracións a Europa Press, o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, destacou que "a sorte foi que prendera nunha masa de eucaliptos con máis de 30 metros de altura, pero que estaban rodeados de especies frondosas", como carballos, alisos e castiñeiros. "A natureza demostrou que é capaz de parar o avance do lume", destacou Pintos.


6.000 HECTÁREAS EN TRES DÍAS E MEDIO


Da superficie queimada en Galicia no que vai de ano informou hoxe Feijóo. As estimacións do Executivo roldan as 8.800 hectáreas, das que, aproximadamente, un total de 6.000 resultaron calcinadas no últimos tres días e medio: o martes, o mércores e o xoves. Aínda non contan as deste venres.


En concreto, a metade destas 8.800 hectáreas queimadas no que vai de ano atribúense a só catro incendios, concretamente aos rexistrados nos municipios de Arbo, Crecente, Soutomaior e Porto do Son. Nestes días houbo en total 193 lumes forestais, dos que a maioría puideron ser sufocados antes de ser graves.


SITUACIÓN ACTUAL DOS GRANDES INCENDIOS


Ademais dos de Arbo e Porto do Son, hai outros 2 lumes activos e que seguen sen poder ser estabilizados, o de Catoira e o de Laza, onde non está activada a 'Situación 2' de risco para núcleos de poboación.


Estabilizáronse os de Crecente, Santiago, Avión e Cerdedo. Os da Laracha, Soutomaior, Cee, Mondariz e Caldas de Reis están controlados e pendentes de ser extinguidos.


LUMES EN 'SITUACIÓN 2'


Porto do Son (parroquias de Xuño e Caamaño)

Iniciouse o mércores ás 16:45 en Baroña e tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Cabe mencionar que a zona afectada na parroquia de Baroña xa está extinguido desde as 9:42 horas desta mañá.


Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias é dunhas 1.000 hectáreas. No lugar levan traballado 4 técnicos, 29 axentes, 61 brigadas, 32 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Arbo (parroquia de Mourentán)

Tamén está activo desde as 20:23 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 1.583 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 10 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 5 pas, 8 helicópteros e 6 avións.


LUMES ACTIVOS


Catoira

Na parroquia de Dimo. Polo momento, a estimación só establece que se superaron as 20 hectáreas.


Laza

Na parroquia de Toro, rexistrouse un incendio hoxe ás 05:31 horas da madrugada que alcanza as 50 hectáreas rasas e polo de agora permanece activo. Traballan no seu control 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.


LUMES ESTABILIZADOS


Crecente

Desactivouse esta tarde a 'Situación 2' que afectaba a parroquia de Albeos e o lume quedou estabilizado despois de queimar unhas 300 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 12 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.


Santiago

Permanece estabilizado dende as 22.00 horas de onte o lume rexistrado na parroquia de Fecha. O incendio iniciouse ás 12:25 horas do mércores e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnico, 12 axentes, 34 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Avión

Estabilizado tamén desde as 18:40 horas de onte o lume da parroquia de Nieva. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de 345 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 17 axentes, 50 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Cerdedo

Estabilizado ás 11:35 horas desta mañá o lume rexistrado na parroquia de Quireza, tras comezar ás 21:40 horas de onte. Segundo novas estimacións supera as 20 hectáreas. Traballan na súa extinción 3 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.


LUMES CONTROLADOS


A Laracha

Quedou controlado o incendio na parroquia de Montemaior, despois de queimar unhas 20 hectáreas.


Soutomaior

Dous incendios neste concello, iniciados nas parroquias de Soutomaior e Arcade o martes e o mércores, están controlados despois de arder en conxunto unhas 630 hectáreas.


En Arcade están a traballar 2 técnicos, 10 axentes, 22 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. Mentres, na outra fronte traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 3 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Cee

Controlado dende as 02.36 horas desta madrugada o lume rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, tras comezar ás 18:25 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 180 hectáreas, das cales 100 son arboradas e o resto rasas. No lugar están traballando 15 axentes, 29 brigadas, 18 motobombas e 1 helicóptero.


Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.


Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.


LUMES EXTINGUIDOS


Cotobade-Tenorio

Queimou 365 hectáreas desde a tarde do luns, das cales 255 son arboradas e o resto de monte raso.


Cotobade-Viascón

Extinguido ás 11:43 horas desta mañá o incendio rexistrado na parroquia de Viascón, que comezou o mércores ás 20:21 horas. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas arboradas. No lugar traballaron 1 técnico, 7 axentes, 7 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.


Pontevedra-Lérez

Extinguido ás 11:03 horas desta mañá o lume rexistrado ás 23:35 horas do martes na parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas, das cales 15 son arboradas e o resto rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 6 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

relacionada Centos de animais son presas do lume na Serra do Barbanza
relacionada Las hectáreas quemadas desde el lunes ya alcanzan las 8,800
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE