Suspendida a folga prevista para o transporte sanitario non urxente

|

Ambunovaambulancia


Os traballadores de Ambunova suspenderon a folga indefinida prevista para este mércores no servizo de transporte sanitario non urxente das comarcas de Santiago e O Barbanza debido a que o Sergas rescindiu este martes o contrato á empresa e a que subrogou o persoal para a nova empresa que se fará cargo do servizo.


En concreto, a folga fora convocada pola CIG ante os "constantes atrasos e impagos" de salario, segundo indicou a entidade nun comunicado.


Ademais, criticou que non se solucionase esta situación ata que se produciu a convocatoria de folga, así como que o servizo era "cada vez máis deficiente" ata un punto no que "nin se reparaban" as ambulancias avariadas "nin se substituía aos traballadores" que se atopaban de baixa laboral.


Nesta liña, a CIG reprobou que a rescisión do contrato coa empresa tivese lugar "un día antes" do inicio da folga e subliñou que estes feitos deben servir para "abrir un debate" sobre as "condicións laborais existentes" na "maioría" das empresas concesionarias de servizos públicos.


Así mesmo, a organización sindical sinalou que espera que a nova empresa adxudicataria do servizo, Ambuibérica, "non agrande os problemas", xa que, segundo advertiu a CIG, "é famosa" pola súa "falta de seriedade" nas condicións de traballo.

relacionada ​A CIG convoca folga indefinida no transporte sanitario non urxente
relacionada ​Ambunova deixou de pagar aos traballadores
relacionada ​Os traballadores de Ambunova sofren "atrasos reiterados" nas súas nóminas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress