#Claves de la semana

Seaga puido ter sometido a xornadas de traballo ilegais a brigadas en Lugo

A CIG afirma que houbo brigadas que traballaron 18 horas seguidas, cando no Estatuto dos Traballadores se prohíbe facer máis de 12. 


|

Bomberosforestales


A CIG presentará unha demanda colectiva ante Inspección de Traballo contra Seaga por "prolongar de forma inxustificada" durante distintas xornadas do mes de agosto o horario máximo de traballo permitido a 18 das 32 brigadas que ten na provincia de Lugo.


Segundo Héctor López, presidente do comité de empresa de Seaga, houbo unha brigada que "traballou 18 horas seguidas", cando no Estatuto dos Traballadores "se prohíbe calquera xornada laboral superior ás 12 horas".


A central nacionalista asegura, en concreto, que unha cuadrilla da Fonsagrada o pasado 10 de agosto fixo "18 horas de traballo seguidas apagando lume no concello de Porto do Son".


Para a organización, que reclama que os traballadores de Seaga poidan ter o convenio dos traballadores da Xunta, a situación está provocada "por un total descontrol e falta de coordinación no organismo autonómico".


López pide que os servizos de extinción de incendios, que agora se dividen entre a Xunta, Seaga, os concellos e empresas privadas, "teñan unha coordinación única".


Ademais, o membro da executiva da Federación de Administración Pública da CIG, Gerardo Alvaredo, sinalou que ao redor de 90 dos 140 traballadores de Seaga en Lugo presentaron nos últimos anos demandas no xulgado do social que "veñen gañando sistematicamente".


Fano porque Seaga "non recoñece os pluses de nocturnidade e os trienios", segundo indicou. Ademais, engaden que, se se prolonga a época de alto risco máis aló dos 3 meses do verán, "Seaga está obrigada a contratar aos traballadores e non o fai".


En total, estiman que cada traballador sen trienios pode recuperar cada ano no xulgado entre 2.000 e 2.600 euros, "300 ou 400 por nocturnidade e entre 1.700 e 2.000 pola non contratación durante todo o período de alto risco cando é superior a tres meses".

relacionada ​"Quendas de moitas horas sen auga nin bocadillos" para os bombeiros forestais
relacionada Las hectáreas quemadas desde el lunes superan las 5.700 y 9 fuegos siguen descontrolados
relacionada Tres meses de contrato para los bomberos forestales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE