#Claves de la semana

​"Quendas de moitas horas sen auga nin bocadillos" para os bombeiros forestais

Traballadores do dispositivo contra incendios denuncian que a coordinación "é un desastre" e que, sobre todo, brigadas municipais teñen carencias de material.


|

Brigadistasincendio


Brigadistas que traballan estes días para tratar de sufocar os lumes que arrasan Galicia denuncian descoordinación e falta de medios. "Nin unha botella de auga nin un bocadillo, e cada un vai por libre", aseveran varios membros dos equipos de extinción, en declaracións a Europa Press.


"Cando se acumulan incendios é cando máis se nota a descoordinación", constata Héctor López, brigadista e presidente do comité de empresa de Seaga en Lugo. López acudiu este martes xunto aos seus compañeiros para colaborar coas tarefas para apagar as chamas en Caldas de Reis, nun incendio que se estendeu ata Vilagarcía e que, aínda que este xoves xa está controlado, arrasou polo menos unhas 300 hectáreas de superficie arborizada.


As brigadas desta empresa pública están compostas por catro persoas --antes eran cinco-- e advirte de que nalgúns casos só hai tres, por algunha baixa non cuberta, pero non no seu. Ademais, recoñece que no que respecta a Seaga o material "mellorou" nos últimos anos, e non teñen queixa. "Nas brigadas dos concellos si que hai máis carencias, algunhas están mellor e outras peor, depende do sitio", afirma.


DEIXAN ZONAS AO "DESCUBERTO"


"Nós marchamos para Pontevedra e outros compañeiros están a marchar para A Coruña, así que deixas Lugo descuberto", advirte, antes de mencionar tamén que a situación non é do todo mala en Ourense, e teméndose por tanto o peor no caso de que comecen máis incendios nesa provincia. "A ver se chove e non se magoa ninguén", reflexiona.


Como el, Luís Montenegro, brigadista do servizo público da Xunta do distrito correspondente a Vilalba, na Terra Chá, tamén está a ser desprazado estes días. De feito, na tarde deste xoves el e o resto da súa brigada foron chamados para acudir ao gran incendio forestal que calcinou xa 500 hectáreas en Porto do Son, e que obrigou a desaloxar a unhas 700 persoas.


"Comentáronme que hai moita descoordinación, e que están a facer quendas de moitas horas sen auga nin bocadillos... E coa calor que fai... Non sei se é que non queren gastar, ou que", explica.


"NINGÚN TIPO DE PREVISIÓN"


Desde Navia de Suarna (Lugo) ata Soutomaior (Pontevedra), pero tamén a Vimianzo e Cee (Costa da Morte), trasladouse José Manuel López, tamén do servizo público de defensa contra incendios, da Xunta.


El expón que o caos é "total" e que o panorama lle lembra ao de 2006: "Chegas e tes empresas de todo tipo --Seaga, Tragsa, Natutecnia...--, brigadas dos concellos, a UME --unidade militar de emerxencias--... Suponse que os que coordinan son os técnicos e os axentes, pero é un desastre", indica.


Respecto diso, censura que non haxa "ningún tipo de previsión, nin avituallamiento" e que ata os equipos de comunicación son diferentes en función do organismo, o que dificulta a coordinación. A maquinaria, critica, "ten 20 anos", e a que é nova "non funciona como debería", a pesar de cumprir os requisitos técnicos.


López reproba tamén a alta temporalidade entre os traballadores, e brigadas que "no canto de ser de sete, son de tres", por atoparse dous membros dela de descanso e un de baixa. Como os seus colegas, conclúe con resignación, e asevera que "este ano, por desgraza, co tempo que fai e como está o monte en Galicia, é o que toca".

relacionada ​La oposición, contra la política forestal de Feijóo
relacionada ​La Conselleira de Medio Rural: "Los incendios son atentados contra la vida de las personas"
relacionada Las hectáreas quemadas desde el lunes superan las 5.700 y 9 fuegos siguen descontrolados
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE