Sindicatos anuncian mobilizacións con motivo do Día Mundial do Turismo

|

Terrazabar


Os sindicatos denuncian a precariedade laboral do sector e os incumprimentos do pactado nos convenios, provocando perda de poder adquisitivo de colectivos que xa tiñan baixos salarios. 


Os sindicatos CCOO e UGT anuncian mobilizacións en todo o Estado con motivo do Día Mundial do Turismo, que se conmemora este martes, día 27 e setembro.


Esta xornada de mobilización estatal servirá para denunciar a "explotación laboral" dos traballadores e traballadoras do sector: baixos salarios, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización para non aplicar os convenios colectivos sectoriais e rebaixar os salarios, inclusive os de colectivos que xa tiñan baixos soldos, indican os sindicatos. 


A CARA 'B' DO TURISMO


Segundo os datos de CCOO, os primeiros oito primeiros meses do ano amosan "unha recuperación da actividade turística". Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015, indican desde as organizacións. Con todo, esta aparente bonanza "non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados", que "só medrou un 2,52%", e "aínda por riba" máis do 90 % das contratacións son "eventuais".


relacionada ​Casi la mitad de los trabajadores gallegos menores de 35 años tienen contratos temporales

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress