#Claves de la semana

A composición da mesa, primeiro obstáculo para a oposición no Hórreo

É a primeira decisión do pleno despois de se constituír o Parlamento. En Marea, PSdeG e BNG amosarán en qué punto está a súa capacidade de diálogo.


|

Parlamentogaliciavacio


O candidato de En Marea á Xunta e deputado electo, Luís Villares, constatou que "o espírito" da organización ás portas das negociacións para a formación de órganos como a Mesa do Parlamento é "que quede clara a pluralidade". En todo caso, ante o empate co PSdeG a 14 escanos, subliñou que En Marea "exercerá" como a "segunda forza" que é tras as eleccións do domingo, cando sumou case 17.000 votos máis que os socialistas.


"Hai empate en deputados, que non en votos. Somos a segunda forza do Parlamento e exerceremos como tal", sentenciou Villares, en declaracións aos medios, antes de arrincar o primeiro encontro que mantiveron os deputados electos de En Marea nun hotel compostelán. Á cita acudiron 13 dos 14 parlamentarios electos, xa que Luca Chao atópase de viaxe.


Nesta conxuntura, Villares descartou que as funcións do futuro grupo se repartan por cotas de partidos que integran a organización e tamén avanzou cal será a postura nas próximas negociacións na Cámara autonómica. "Non nos atoparán nos bloqueos, as exclusións e os sectarismo, si na integración e nunha representación que reflicta pluralidade", aseverou.


E é que, salvo que o reconto do voto emigrante na provincia de Ourense --cun escano en xogo entre PPdeG e PSdeG-- varíe o resultado e permita aos socialistas sumar un novo deputado e desfacer o empate, o acordo será imprescindible para a repartición de postos que non corresponden aos populares (con maioría absoluta) na Mesa, órgano reitor da Cámara.


En concreto, o regulamento estipula que, tras a constitución do Parlamento o día 21 de outubro, a primeira decisión que adoptará o pleno é a elección dos membros da Mesa. O presidente, posto que se elixe por maioría absoluta, sinalarao o PP, do mesmo xeito que a vicepresidencia primeira e coa secretaría.


A vicepresidencia segunda e da vicesecretaría nas votacións seguintes si requirirá o diálogo, xa que se cada grupo votase ao seu propio candidato, o BNG (con seis deputados) quedaría fóra e habería empate no número de votos PSdeG e En Marea. O regulamento determina que, para solucionar esta cuestión, faranse votacións sucesivas ata que se solvente o problema, o que abre varios escenarios de posibles pactos.


REPARTICIÓN SEN COTAS


Á espera de que arrinquen estas negociacións, Villares aproveitou a súa intervención ante os medios para garantir que a división de funcións no grupo non se fará "en ningún caso" en función das cotas dos partidos --a dirección de Podemos xa descartara esixir un peso específico--, senón de acordo coas "necesidades" e as "fortalezas" de cada deputado.


"Manteremos o equilibrio estatutario que se prevé en función do ámbito competencial de cada deputado; en segundo lugar, do ámbito territorial; e do ámbito da paridade", engadiu, antes de concretar que o encontro deste xoves, en todo caso, supón "unha primeira toma de contacto" e non se convocou a cita para concretar a repartición de funcións.


Preguntado acerca de se lle gustaría contar na dirección do grupo cos dous deputados con máis experiencia --Antón Sánchez e Eva Solla, que formaron parte de AGE na pasada lexislatura--, limitouse a sinalar que este xoves "terán un papel fundamental" á hora de trasladar aos novos parlamentarios a súa experiencia, pero non foi máis aló.


"A súa primeira función será a transmisión desa experiencia; hoxe non faremos ningunha división concreta das funcións de traballo, pero o traballo acumulado será algo que empregaremos todos ben como exemplo a seguir o próximos catro anos", asegurou.


Villares tamén avanzou que haberá máis encontros de aquí ao 21 para concretar a repartición de áreas e as decisións de carácter orgánico, que se materializarán "aplicando os estatutos da organización". Todo iso, co obxectivo de ser "o máis eficaces" que se poida en plano "institucional", pero sobre todo "no traballo de rúa", que ve "fundamental".


O "TRABALLO DE RÚA", CLAVE


Respecto diso, remarcou a importancia que lle concederá En Marea ao "traballo de rúa" na próxima lexislatura e vinculado ás análises dos resultados electorais do pasado domingo. Así, constatou que á organización faltoulle "tempo" para explicar o seu proxecto político.


"Agora espéranos ese camiño que imos andar; imos explicar aos cidadáns o noso proxecto, escoitar e, a partir de aí, aplicar o noso programa no Parlamento", defendeu, coa vontade de trasladar "a mensaxe da dignidade política" ao Pazo do Hórreo.


En concreto, garantiu que as iniciativas que se defendan no ámbito institucional será "un resultante do traballo de rúa" que En Marea fará con todos os sectores e coa poboación, coa que contactará "ao longo e largo do país" para levar as súas inquietudes á Cámara.

relacionada Os tres grupos da oposición terán que aliarse para forzar comisións de investigación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE