#Claves de la semana

​En Marea ve "mala fe" na omisión de documentación do caso Angrois

Luis Villares, portavoz de En Marea e deputado electo, dixo que a petición dunha comisión de investigación sobre Angrois estará entre as primeiras iniciativas que presenten no Parlamento. 


|

Luisvillares 1 1


O portavoz de En Marea e deputado electo, Luís Villares, ratificou que, entre as primeiras iniciativas que levará ao Parlamento de Galicia, cando este se constitúa, estará a petición dunha comisión de investigación sobre o tráxico accidente ferroviario de Angrois co fin de coñecer "a verdade".


En declaracións aos medios en Lugo, nunha visita ao recinto feiral no día grande do San Froilán, Villares aludiu á concentración das vítimas pedindo "o recoñecemento da verdade" e lembrou que, tanto AGE no Hórreo na pasada lexislatura, como En Marea no Congreso, reclamaron que se saiba a "verdade".


Sobre todo, agregou, fronte á "coalición de silencio" coa que identificou a PSdeG e BNG, e despois do "tirón de orellas" da Unión Europea (UE), que chegou a poñer en cuestión a independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) que analizou o caso.


Nesta conxuntura, insistiu na necesidade de coñecer "a verdade", sobre todo despois de que transcendese que Adif remitiu ao xuíz tres anos despois dos sinistro documentos sobre análises de riscos e alegou que os omitió "por erro".


"MALA FE"


Segundo Villares, este proceder é "absolutamente incomprensible" se non é "por unha actuación deliberada de mala fe".


O dirixente de En Marea remarcou que a súa formación, do mesmo xeito que AGE anteriormente, sempre defendeu que "era imposible que encaixasen todas as pezas porque faltaban elementos de coñecemento" e incidiu en que as autoridades deben proporcionar a información que corresponda.


"Ou que a Xustiza tome cartas ata o final e que no Parlamento nós podamos investigar politicamente de quen foi a responsabilidade porque o único que pode aliviar neste caso é a verdade", resolveu.


Alexandrainvestidura


COMPARECENCIA DE CATALÁ


Pola súa parte, o grupo En Marea no Congreso solicitou que comparezan o ministro de Fomento en funcións, Rafael Catalá, e o presidente de Adif, Gonzalo Ferre, pola "omisión" de información en relación co caso do Alvia, en relación a eses 300 folios relacionados coa análise de riscos e o cambio significativo de velocidade na liña que conecta Ourense coa capital galega, na que descarrilou o tren, que Adif non entregou antes "por erro".


A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, esxiu explicacións en sede parlamentaria do por que de "omitir por erro" durante tres anos a entrega ao xulgado desta documentación.


Así, denuncia as "evidentes dúbidas existentes respecto da colaboración coa Xustiza garantida por Fomento fai tres anos, ao comezo do proceso xudicial sobre o sinistro de Angrois".


"Ante feitos como este, está en cuestión que Fomento, Adif e Renfe colaborasen de verdade coa Xustiza, máis ben dedicáronse a poñer paus en rodas co único obxectivo de que o proceso concluíse coa culpabilidade única do maquinista do Alvia", lamenta Alexandra Fernández.


Por todo iso, a formación galega subliña que "feitos como estes fan que a demanda da comisión de investigación do Alvia no Congreso cobre máis forza aínda".

relacionada ​Adif omitíu "por erro" documentación "relevante" sobre Angrois durante máis de 3 anos
relacionada Discrepancias entre os peritos xudiciais de Angrois sobre a seguridade da curva da Grandeira
relacionada Bruxelas reafírmase en que a autorización do Alvia puido non ser legal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE