PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • eólica
  • Tui
  • policías
  • Moción de censura

Silva "convida" á Xunta a dialogar sobre os plans con Ence para o Pazo de Lourizán

Ence asumíu a rehabilitación deste pazo, propiedade da Deputación de Pontevedra, como parte do pacto medioambiental asinado coa Xunta. 

Redacción
Redacción
| viernes, 14 de octubre de 2016, 17:09
  • 0
ARCHIVADO EN | CARMELA SILVA DEPUTACION PONTEVEDRA ENCE Pazo de Lourizan Alfonso Rueda Ignacio de Colmenares

Pazodelourizan2


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, convidou ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a que fixe unha data para falar do Pazo de Lourizán e mostrou a súa "sorpresa" porque o número dous do Goberno galego "nunca" se dirixise á institución provincial para expor propostas sobre a emblemática residencia de Montero Ríos.


En concreto, a presidenta provincial pronunciouse deste xeito despois de que Rueda propuxese que Ence asumise a rehabilitación deste pazo, para o que a empresa pasteira se comprometeu a achegar ata cinco millóns para as obras, así como para a creación dun centro privado de investigación forestal.


Nunha rolda de prensa ofrecida este venres, Carmela Silva referiuse a esta idea ao asegurar que a "lealdade institucional" obriga aos representantes políticos a falar coa administración á que quere implicar nun proxecto, asegurando, tal e como recoñeceu o propio Rueda este xoves, que non houbo ningunha comunicación oficial entre a Xunta e a Deputación, é este sentido.


"Eu non teño nin idea do que está a falar o señor Rueda", afirmou a presidenta da Deputación, que expresou o seu desexo de "coñecer de certo" cales son os plans da Xunta coa empresa Ence para este pazo que é propiedade da Deputación.


Así, Carmela Silva lembrou que existe un convenio de 1990 polo que se cede á Xunta o histórico edificio e a súa leira por 30 anos. No ano 2000, fíxose unha adaptación do convenio polo que a administración autonómica ten que acometer obras de conservación e mantemento respectando o conxunto ata 2021, "cousa que non se fixo, incumprindo a Xunta a súa obrigación", indicou Silva.


Ademais, a presidenta provincial sinalou que o Pazo de Lourizán acolle a Escola de Capataces Forestais. "Tampouco se se a Xunta quere facer algo con ela", censurou Carmela Silva.


REUNIÓN


"Convídoo a que nos pida unha reunión", manifestou Carmela Silva dirixíndose ao vicepresidente Rueda. Para a dirixente provincial, nese encontro, ao que asistirían ela mesma e o vicepresidente provincial, César Mosquera, o Goberno galego debería "poñer encima da mesa" o que quere expor, "o proxecto exacto".


A presidenta da Deputación tamén se referiu á invitación que de novo lanzou este xoves o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, para que a Institución Provincial participe na comisión que decidirá a repartición dos tres millóns de euros que a empresa destinará cada ano a entidades sen ánimo de lucro dentro do denominado Pacto Ambiental. "Eu non admito invitacións de empresas privadas, nin desa nin de ningunha outra. Eu xestiono o público, o interese de todos e defendo o interese xeral", afirmou.


"É a primeira vez que en política observo que son as empresas privadas as que instan as administracións", declarou Carmela Silva antes de mostrar a súa convicción de que nun Estado de Dereito, o interese xeral "márcano as institucións públicas que son as que instan o mundo privado".


"Algúns confunden o público co privado, os intereses particulares cos xerais, esta presidenta non", engadiu.

relacionada Ence donará 180 millóns para fins sociais durante os 60 anos que siga na ría
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

El petrolero Greta K sigue ardiendo y Portugal no logra atracarlo tras 30 horas de incendio (vídeos)

Concluye sin acuerdo el enésimo encuentro entre los letrados judiciales, Justicia y Hacienda, que se emplazan a mañana

Rueda elogia el comportamiento del sector gallego de la automoción, que cerró 2022 con su cifra de negocios más alta

La Xunta destaca el trabajo de Down Compsotela en el camino de la inclusión y la vida autónoma del colectivo

Cabeceralomasleido 1
1
¿Se desbloqueará la huelga de los LAJ este miércoles? Dos meses de paro y más de 10.000 juicios suspendidos después
2
Incendio en un petrolero lleno de diesel y combustible de aviones, el Greta K, frente a las costas del norte de Portugal
3
El petrolero Greta K sigue ardiendo y Portugal no logra atracarlo tras 30 horas de incendio (vídeos)
4
El temporal empeora provocando alertas naranjas y amarillas en la mayoría de las zonas costeras de Galicia
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora