#Claves de la semana

​A CIG denuncia unha “caza de bruxas” en Correos


Denuncian a "suspensión de emprego e soldo" dunha carteira de Boiro logo da denuncia dunha cooperativa en base a informes "terxiversados". 


|

Correos


A CIG vén de denunciar a "suspensión de emprego e soldo" dunha carteira de Boiro logo da denuncia dunha cooperativa en base a informes "terxiversados" do concello de Boiro e da propia unidade de reparto de Correos, que indicarían que a traballadora incorreu nunha falta "por non entregar unhas notificacións" a esta cooperativa.


Desde o sindicato afirman que a traballadora "fixo correctamente o seu traballo en base á normativa postal e tal como indica o RD 1829/1999", e adianta que presentarán informes periciais e testemuñais para demostralo. Anxo Álvarez, representante de CIG-Correos denuncia que "estamos diante dun caso que é unha auténtica caza de bruxas” e que “ao mellor esta traballadora está pagando as consecuencias dun caso de mala praxe que se produciu recentemente en Fene”.


Álvarez considera moi grave que a esta traballadora non se lle dera sequera a oportunidade de alegar nada na súa defensa "como sería preceptivo nun estado de dereito". Por iso anuncia que a central sindical vai solicitar copia de todo o expediente e, en caso de atopar algún documento que non se corresponda coa realidade poñerao en coñecemento da fiscalía anticorrupción e da Delegación do Goberno en Galiza.

relacionada ​Correos "no cubre ni una quinta parte" de los empleos perdidos
relacionada ​Convocan unha caravana protesta reclamando "ética" nas contratacións de Correos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE