#Claves de la semana

Chega a Santiago o festival dos amantes da fotografía

A capital galega acollerá seis exposicións e varias actividades do Outono Fotográfico 2016. 


|

Outonofotograficocartel// Facebook Outono Fotográfico 


A cidade de Santiago de Compostela acollerá ao longo do mes de novembro un total de seis exposicións e varias actividades do festival Outono Fotográfico, que estenderá as súas propostas por 25 cidades de Galicia e Portugal.


Así o apuntou o director do festiva, Xosé Luís Vázquez, que presentou as actividades compostelás da cita nunha rolda de prensa en compañía da concelleira de Cultura de Santiago, Branca Novoneyra.


Como parte da programación do festival, seis centros socioculturais da cidade acollerán outras tantas exposicións entre os días 3 e 30 de novembro.


En concreto, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a mostra 'Lonely Eyes for empty spaces', de Bernardo Cañizares, que analiza a concepción de espazo público como lugar privado e individual; mentres que o Aurelio Aguirre de Conxo albergará 'A mirar para ou interior', de Miguel Vasconcelos.


O Centro Social da Trisca, pola súa banda, expoñerá a mostra colectiva 'Fasquía. S.F. Feitura, aparencia dun barco', realizada por 15 estudantes do IES A Cachada de Boiro (A Coruña) guiados polo fotógrafo José Caruncho nun estaleiro.


PREMIO GALICIA


No Centro Sociocultural O Ensanche, os composteláns poderán observar aos gañadores do II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea: José Romay, con 'Rururbania Salnés', e Berto Macei, con 'Le cirque noir'.


Finalmente, o Agustín Bueno do Castiñeiriño será o emprazamento da mostra colectiva 'Roldando', a cargo dos alumnos do IES Chamoso Lamas e sobre aldeas semiabandonadas do Val do Home; mentres que o José Saramago de Vite acollerá 'Dentro-Fora do curro', un traballo de José López Pérez sobre 'A rapa das bestas'.


OUTRAS ACTIVIDADES


Do mesmo xeito, Santiago de Compostela acollerá os días 18, 20, 25 e 27 de novembro o Taller de Iniciación á Fotografía Dixital, unha das actividades paralelas do festival.


Así mesmo, os días 14 e 21 de novembro celebrarase na capital galega o curso de 'Retoque Fotográfico con Lightroom' e os días 1, 3, 8 e 10 de febreiro terá lugar o taller de Fotografía Dixital Creativa.


OUTONO FOTOGRÁFICO


O 'Outono Fotográfico' ofrecerá este ano, na súa 34 edición, 92 exposicións en 25 localidades (20 de Galicia e cinco de Portugal) co lema 'Dentro e Fóra', como reivindicación do encadre e do que os artistas deciden mostrar ao público coas súas imaxes.


Así nesta edición poderanse ver as obras de 304 autores, entre mostras individuais e colectivas, e haberá máis de 70 espazos expositivos distribuídos en 25 cidades.


En concreto, poderanse visitar exposicións nas catro capitais galegas, pero tamén en Lisboa, Braga, Chaves, Avintes e Vilanova de Gaia (Portugal). Algunhas das localidades galegas que acollerán eventos do Outono serán: Celanova, Chantada, Vigo e Santiago de Compostela.


Tamén haberá 14 cursos en localidades como Ourense, Santiago, Vigo, Chantada e Monforte de Lemos. Serán talleres de iniciación á fotografía dixital, de retoque fotográfico, fotografía dixital creativa e revelado de fotos en branco e negro.


Estas actividades formativas completaranse con varias rutas fotográficas: o cinco de novembro, pola Serra do Courel e o fin de semana do 17 e 18 de decembro polos Ancares lucenses.

relacionada Cineuropa premia o "valioso legado" do cinema político de Carlos Saura
relacionada AMAL 16 supera as expectativas da organización con varios miles de espectadores
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE