#Claves de la semana

​30 comarcas galegas, en alto risco pola concentración de gas radón

O Mapa do Radón de Galicia pretende servir para planificar accións que reduzan a exposición da poboación a este gas radioactivo.


|

Maparadonprofesoresusc

Os profesores Barros Dios (esquerda) e Ruano, diante do mapa. //Fonte: USC


Das 53 comarcas que conforman Galicia, 30 presentan un risco alto de concetración de radón. A exposición a este gas é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Por iso o Código Europeo Contra o Cancro, publicado en 2014 pola Axencia Internacional de Investigación en Cancro da Organización Mundial da Saúde (OMS), sinálao como unha das exposicións ambientais a reducir.


Para facilitar a planificación e execución de accións encamiñadas a reducir a concentración deste gas, non só no ámbito das vivendas, senón tamén nos lugares de traballo, acábase de presentar o Mapa de Radón de Galicia. Este novo traballo, obra dun equipo da USC, foi presentado polos profesores de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Alberto Ruano Raviña, e Juan Miguel Barros Dios, este último director do Laboratorio de Radón de Galicia e responsable do proxecto.


No estudo, constátase que, dadas as características xeolóxicas do solo, Galicia é unha zona de elevada de exhalación de radón, que se fai máis manifesta nas provincias de Ourense e Pontevedra.


O mapa, que inclúe máis de 3.400 medicións de radón residencial xunto cunha descrición da situación nos distintos concellos, é froito do traballo de moitos anos apoiado por distintos proxectos de investigación e pretende ser un servizo á cidadanía, entidades municipais e Administración.


Precisamente esa utilidade do mapa como "instrumento de servizo público" é algo que salienta con forza o profesor Ruano, que aproveita para lembrar que no laboratorio realizan medicións de radón interior a demanda de calquera persoa ou entidade.


Os responsables do laboratorio inciden na importancia da prevención, e apuntan solucións que pasan pola implicación das Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais e por que o radón se inclúa no Código Técnico de Edificación. "Así, impedindo a entrada do gas nesas zonas de alto ou medio risco evitaríase o problema de raíz", conclúe Ruano.


30 COMARCAS EN ALTO RISCO


Despois de décadas co límite da concentración de radón en 200 Bq/m3 en Europa, a OMS reduciuno en 2009 a 100 Bq/m3 nun informe no que participaron ambos os dous profesores da USC. Mais en 2018 entrará en vigor a nova directiva europea 2013/59/Euratom que sube de novo este límite, pero esta vez a 300 Bq/m3. Para Ruano este é un umbral "bastante alto para marcar o punto a partir do cal hai que actuar para reducir a concentración deste gas, sobre todo tendo en conta que dende 1988 a Axencia de Protección Ambiental norteamericana considera 148 Bq/m3 como nivel de referencia, a metade que en Europa". Como novidade, a nova directiva europea establece tamén 300 Bq/m3 o límite en lugares de traballo.


Establecendo o límite que marca esa nova directiva, das 53 comarcas que conforman Galicia 30 presentan un risco alto de concentración de radón. Pero a situación vólvese máis preocupante ao baixar ese límite aos 200 Bq/m3. Neste caso, son 42 as que presentan alto risco, estando en medio as de Terra Cha, Fonsagrada, Deza, Ordes e Terra de Soneira; e en baixo, Fisterra, Ulloa, Terra de Melide, Eume, Mariña Central e Meira. 

relacionada Desalojan una sala de una facultad coruñesa por exceso de gas radón
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE