​O feminismo, a debate en Ourense da man de Lídia Senra

|

XornadasfeminismoourenseAge


A cidade de Ourense acollerá este venres e sábado, 18 e 19 de novembrounhas xornadas internacionais de formación para mulleres. O evento, organizado por Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) reunirá durante os dous días no Centro Cívico A Ponte a máis dunha docena de relatoras e moderadoras para debater sobre “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”.


ANTESALA DO 25-N


Cando está a piques de conmemorarse un ano máis o 25 de novembro, Día Mundial para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, as xornadas, que estarán abertas á participación sen necesidade de inscrición previa, arrancarán o venres día 18 de novembro ás 16:30 horas e será Lídia Senra quen se encargará de inauguralas.


Para Senra, a día de hoxe “observamos como na esquerda queda aínda moito por facer para conseguir a igualdade real de dereitos entre os homes e as mulleres”. “A miúdo vemos como en innumerables ocasións a representación partidaria é maioritariamente masculina e os cargos institucionais seguen sendo aplastantemente homes”, denuncia. De aí a necesidade de organizar eventos e xornadas deste tipo, no que as mulleres poidan debater e poñer en común traballos e situacións, co obxectivo de “seguir fortalecendo a loita para un mañá sen patriarcado”.


Nas xornadas haberá servizo de gardería de nenos para todas aquelas mulleres que desexen levar as súas fillas ou fillos.


AXENDA


O primeiro coloquio comezará ás 16:45 horas do venres baixo o título “Teoría de redes de acción: Introdución aos feminismos”, da man da doutora en Filosofía e Semiótica, profesora da Universidade de Vigo, Saleta de Salvador Agra, que será introducida pola deputada de En Marea no Parlamento galego Paula Verao.


Ás 19:00 horas terá lugar a segunda charla, que impartirá a filósofa ecofeminista Alicia Puleo sobre “Ecofeminismo para outro mundo posible”, unha conferencia que se encargará de presentar Marga López Barreiro, concelleira en Vigo e membro de Anova.


Xa o segundo día, o sábado, as sesións comezarán ás 10 da mañá, cunha palestra de Eliane de Moura Martins, militante do Projeto Popular para o Brasil e doutoranda en Socioloxía pola Universidade Federal do Río Grande do Sul (Porto Alegre), sobre “Concibindo e construíndo o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de neomachismos”.


A membro de Anova Ourense Tania Bouzo será a encargada de presentar este primeiro debate da mañá, antes de dar paso, a partir das 12:00 horas, a Rosa Álvarez, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, que falará sobre “Micromachismo: Cimentando o patriarcado”, e que será presentada por Sandra Pesqueira, concelleira en Marín e tamén membro de Anova.



Xa o sábado pola tarde, terá lugar o último debate, que baixo o título de “Acción social desde o feminismo. Exemplos de experiencias de traballo desde diferentes organizacións”, reunirá a Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Eva Bastón e Tania Merelas, de Fiadeiras, grupos de traballo en igualdade de xénero dentro do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza, e Eva Gutiérrez, da Plataforma ProCAPD, en defensa dun centro público de atención a persoas con diversidade funcional para a provincia de Ourense. Nerea Conde, membro de Anova Ourense, encargarase de moderar esta última parte das xornadas. 

relacionada ​Piden la retirada de un libro de 4º de ESO por su definición del feminismo
relacionada Lídia Senra reclama á UE "protexer a integridade" das Mulleres Rumbo a Gaza
relacionada Galicia rexistrou en 2015 a maior cifra do século de mortes por violencia machista

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress